#programación

Menú

Fotografía: ficcións e simulacións

Luns 5 de outubro | 18:00 h | Facebook e Youtube

ACCEDE AQUÍ A LA ACTIVIDAD ONLINE


A realidade supera á ficción... e, desde a ficción, podemos atravesar a realidade. A través de tres das traxectorias máis interesantes da fotografía europea contemporánea propoñemos un diálogo sobre a linguaxe fotográfica. Cada un dos tres artistas participantes transita á súa maneira por eses camiños que parten –habitualmente– da realidade para trascender o documental construíndo mundos de ficción, fantasía e hiperrealidade. 


Ricardo Cases

Nado en Orihuela (Alacant) en 1971 e licenciado en Ciencias da Información na Universidad del País Vasco/Euskal Herriko Unibertsitatea (Bilbao). En 2006 entra a formar parte do colectivo de fotografía Blank Paper. No ano 2009 pon en marcha, canda a deseñadora Natalia Troitiño, a editorial Fiesta Ediciones. Publicou os libros El porqué de las naranjas e Paloma al aire.

Antonio Xoubanova

Nace en Madrid. Estuda fotografía na Escuela de Arte 10 de Madrid. Forma en 2003 o colectivo Blank Paper. Publica Casa de Campo (MACK) e Un universo pequeño (Ca l’Isidret). Expón en Le Bal e no Festival Internacional de Arles. Actualmente desenvolve o seu proxecto Graffiti e deseña libros e comisaría exposicións.

Cristina De Middel

Fotógrafa española que investiga a ambigua relación entre fotografía e verdade. Combinando achegamentos documentais e conceptuais, o seu traballo xoga coa reconstrución de arquetipos e estereotipos que axudan a esvaecer a separación entre realidade e ficción. O seu traballo amósanos que, á hora de entendermos o mundo en que vivimos, a ficción pode servir de ferramenta fotográfica tanto como a linguaxe documental, promovendo así unha mirada máis crítica por parte da audiencia. En 2017 gañou o Premio Nacional de Fotografía en España e foi nomeada membro da axencia Magnum.