Xurados

Xurado Radar

  • Maria Rodés

    En 2009 publicou o seu primeiro álbum co proxecto Oníric, Sin técnica (Cydonia, 2009), para posteriormente iniciar a súa carreira en solitario cos álbums Una forma de hablar (BCore, 2010) e Sueño triangular (BCore, 2012). En 2013 colaborou con Ramón Rodríguez (The New Raemon ) e Martí Salgues (Surfing Sirles) no álbum Convergència i Unió (BCore, 2013). Publicou os álbums Maria canta copla (Chesapik, 2014), Creo que no soy yo (2016, Chesapik), producido por Raül Fernández (Refree), ou Eclíptica (Satélite K, 2018).
Tamén traballa como cantante, autora e arranxista nas bandas sonoras das películas No culpes al karma de lo que te pasa por gilipollas, de María Ripoll, e Villaviciosa de al lado, de Nacho García Velilla. 
En setembro de 2019 únese ao elenco de actrices de Las bárbaras. Actualmente, Maria atópase presentando o seu último traballo, Lilith (Satélite K, 2020), disco que xira arredor do mundo das bruxas.

  • Michael Wahrmann

    Michael é director e produtor. Naceu en Montevideo, Uruguay, creceu en Israel e viviu en Brasil durante 15 anos. As súas curtametraxes Avós(2009), Oma(2011), The Beast(2016) e a súa longametraxe Avanti popolo(2012) proxectáronse en numerosos festivais internacionais e nacionais, como a Quincena de Realizadores de Cannes, Berlinale, Rotterdam e Indie Lisboa. Recibiu máis de 60 premios ao longo destes anos. Como produtor, financiou Sancho & puntae produciu longametraxes como Los territorios, de Ivan Granovsky (Rotterdam 2017); Invisible, de Pablo Giorgelli (Venecia, Orizzonti 2017) ou Elon nao acredita na mortede Ricardo Alves Jr (Rotterdam 2017), entre outros. 
    Michael vive en San Sebastián, onde ensina na escola de cine EQZE.

  • Silvia Cruz

    Silvia Cruz comezou a súa carreira na industria do cine en 2004. Traballou para distribuidoras, cines e produtoras. En 2010 fundou en Brasil Vitrine Filmes para a distribución de películas brasileiras independentes, que ata a data presentou máis de 150 películas en cines, entre elas A vida invisíbel, de Karim Aynouz, e Bacarau, de Kleber Mendonça Filho e Juliano Dornelles. En 2019 trasladouse a España e comezou a traballar en distribución e produción con Vitrine Filmes en ambos os países.

Xurado Explora

  • Manuel Asín

    Manuel Asín (Zaragoza, 1978). Coordinador da área de Cine do Círculo de Bellas Artes de Madrid e programador independente para institucións como Filmoteca Española, Museo Reina Sofía, Xcèntric-CCCB, Tabakalera, CGAI, MUN, Instituto Moreira Salles, Festival de Sevilla ou Zinebi, entre outras. Colaborador en publicacións como Trafic, Blogs&Docs ou Caimán, onde é membro do consello de redacción. Coordinou a edición de dous libros arredor cine de Jean-Marie Straub e Danièle Huillet: Escritos (2011) e Hacer la revolución es también volver a colocar en su sitio cosas muy antiguas pero olvidadas (2016). Autor da mediometraxe Siete vigías y una torre e de varias curtas producidas polo Museo Oteiza. Parte do equipo docente de Zine Eskola (San Sebastián) e LAV (Madrid). Foi director da editorial de libros e DVD Intermedio (2011-2015).

  • Velasco Broca

    Licenciado en Comunicación Audiovisual pola UCM, é director, montador e docente en LENS e ECAM. A súa triloxía en 16mm Echos der Buchrücken (2001-2007) e a súa curtametraxe Nuestra amiga la luna (2016) cultivaron máis de 25 premios, entre os que destacan o Gran Premio do Xurado en Slamdance (2007, USA) e os de Mellor Curtametraxe en BAFICI (2017, Arxentina) e no Festival de Málaga (2017). A súa obra participou na Quincena de Realizadores de Cannes, en Locarno, Sitges, BAFICI e New Horizons, entre outros. Supervisou a edición do DVD Val del Omar, Elemental de España, para o que realizou o filme-ensaio VdO fuera de sus casillas (2011). Gañador do proxecto X Films do Festival Punto de Vista en 2016, dirixe con guión de Julián Génisson Nuevo Altar, unha fábula esotérica que pasa a formar parte da longametraxe Ayudar al ojo humano, premio Agrippa á Mellor Dirección no Hermetic Film Festival (2018, Venecia). En 2021 estreará a súa mediometraxe Alegrías riojanas, na que estivo traballando os últimos tres anos.

  • Rocío Mateo-Sagasta

    Licenciada en Comunicación Audiovisual pola Universidade Complutense de Madrid e formada na EICTV de San Antonio de los Baños, Cuba. Durante a carreira dirixiu a sede española de Future Shorts, festival internacional de curtametraxes. De 2009 a 2012 dirixe o Festival Internacional de Cortos de Benicàssim, Fib Cinema. Tamén foi xefa de produción e programadora de Rizoma Fest, recoñecido por traer a David Lynch por primeira vez a España, e Cinemad, Festival de Cine Independiente de Madrid. En 2012 crea Estudio Verónica para a produción e comunicación da cultura. 

Ten experiencia en diferentes ámbitos da arte, como a produción de exposicións para ARCO Colombia, tour manager do grupo danés Efterklang ou a promoción de artistas e bandas de música na axencia de management Charco. Desde o 2017 é a responsable de audiovisuais e música da Casa Encendida.

Xurado Planeta GZ + Penínsulas

  • Laura Iturralde

    Técnica superior en Imaxe e en Gráfica Publicitaria e titulada en Arte Dramática na especialidade de Escenografía, desenvolve a súa actividade profesional nas artes vivas como iluminadora, escenógrafa e videocreadora. Traballa con múltiples compañías de teatro e danza nacionais e estatais. O seu traballo como videocreadora xira en torno á produción de vídeo en tempo real mediante cámara en directo e procesamento de imaxe en vivo, mantendo así unha constante investigación sobre as posibles formas de diálogo entre a tecnoloxía e o escénico. Recibe en 2018 o Premio María Casares á mellor escenografía e en 2019 outórgaselle este mesmo premio na categoría de iluminación. En 2020, e á espera de resolución, recibe dúas nominaciós na categoría de iluminación. Compaxina o seu labor artístico coa docencia, impartindo diversos obradoiros e relatorios relacionados coa aplicación das videoproxeccións nas artes vivas.

  • Marta Pérez

    Marta Pérez Pereiro (Vigo, 1976) é profesora contratada doutora na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago (USC), onde imparte docencia na área de Comunicación Audiovisual e Publicidade. É membro do grupo de investigación Estudos Audiovisuais e Centro de Estudos Fílmicos (CEFILMUS) da USC. As súas áreas de investigación son o cinema contemporáneo, concretamente os small cinemas, o humor nos medios de comunicación e a rendición de contas dos medios de comunicación.

  • Ángel Sánchez

    Licenciado en Ciencias da Información pola Universidade de Valencia. Traballou como xornalista e produtor para televisión e publicidade, e como produtor e programador de espectáculos, concertos e festivais.
 É fundador e codirector de Play-Doc, Festival Internacional de Cine de Tui, unha das referencias cinematográficas do xénero. Desde Play-Doc presentaron retrospectivas de lendas do cine recoñecidas internacionalmente, como Artavazd Pelechian, Albert Maysles, Charles Burnett, Bruce Weber, Claire Simon ou Ross McElwee, entre outros. Paralelamente, desde o festival tamén organizan obradoiros e seminarios, así como programacións en diferentes festivais e en centros culturais.

 En 2013 funda Play-Doc TV, plataforma de VOD dedicada á promoción de cine independente nacional e internacional. É presidente e membro fundador de Proxecta, Coordinadora Galega de Festivais de Cine. É músico, editou varios traballos discográficos e actualmente lidera a banda galega Best Boy.

Xurado Novo

  • Judith Adataberna

    Como artista visual desenvolveuse entre a fotografía, a videoinstalación e o cine experimental, afondando nas postnaturalezas e a deriva tecnolóxica do corpo. Estudou Belas Artes na Universidade de Vigo e completou os seus estudos como bolseira no laboratorio de cine Master.Lav (Madrid). Os seus filmes puidéronse ver en festivais como Curtocircuíto, Filmadrid ou Bendita Tú (Arxentina). Realizou tamén videoinstalacións en Espacio Tangente, Hybrid Art Fair, Daoiz e Velarde ou na Sim Gallery de Reykjavik. De forma paralela, traballou activamente en moda como fotógrafa e estilista, e dirixiu en 2017 o vestiario da película Lúa vermella, de Lois Patiño. Os seus últimos traballos viraron cara ao videoclip, con Cruhda, Karmento ou Cabure Canela ou os fashion films, con Rubearth.

  • Clara Rus

    Graduada no posgrao da Elías Querejeta Zine Eskola en 2019 e na ESCAC (Escola de Cinema i Audiovisuals de Catalunya) na especialidade de dirección de fotografía en 2017. Foi directora de fotografía da curtametraxe No me despertéis, de Sara Fantova (San Sebastián, Róterdan, Seminci ou Alcine), e Te busco en todos, ​de Celia Giraldo (D’A, Seminci), entre outras. É axudante de dirección na longametraxe colectiva A filla d’algú e de ​Nacho no conduce,​ ambas premiadas no Festival de Málaga. Integrante do equipo de investigación Zinemaldi 70: todas las historias posibles​, impulsado polo Festival de San Sebastián, Filmoteca Vasca, EQZE e o centro de cultura contemporánea Tabakalera. Actualmente está desenvolvendo xunto a Elisa Cela o proxecto ​Tal vez nadie les dijo, e​ finalizando a súa primeira curtametraxe como directora, ¿C​uáles son nuestros años?

  • Elena Galilea

    Elena Galilea Ruiz, A Rioxa (1992)
. Artista plástica con especialidade en pintura formada na Universidade do País Vasco e graduada en Belas Artes pola Universidade de Salamanca. Máster en Artes e Profesións Artísticas pola Universidade Carlos III e o Círculo de Bellas Artes de Madrid. Os seus últimos traballos investigan a relación entre pintura e imaxe dixital. Combina a súa práctica artística con traballos de docencia e mediación cultural.

  • Alba Doval

    Alba Doval (1996) nace en Ribadavia, o que a fai estar en contacto co mundo da cultura desde moi nova. Entre os seus intereses destacan a literatura, o cine e a música, polo que estuda Lingua e Literatura Inglesas na universidade e á súa vez colabora con festivais como a Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia e o Festival Arteficial. Despois diso opta por orientar o resto dos seus estudos cara o eido cultural e especialízase en estudos literarios e culturais e en xestión cultural. Actualmente atópase en proceso de publicar a súa primeira tradución con Rinoceronte Editora.

  • María Gallego

    María Gallego é unha artista santiaguesa de 23 anos. A piques de publicar o seu primeiro traballo, podemos entender a música que fai como canle para dar saída ás súas emocións máis sentidas, deixando así unha especie de diario musical.

Xurado CREA

  • Xes Chapela

    Creador audiovisual do 1977, cunha longa traxectoria profesional no eido audiovisual, principalmente documental. Logo da Licenciatura en Xornalismo pola USC, desenvolve traballos no eido do guión, realización e formación audiovisual. Membro das asociacións profesionais de Guión AGAG e de dirección e realización de Galicia CREA. Traballou coma guionista para mais de 20 documentais, series documentais e programas de televisión emitidos en distintas canles. Os seus traballos participaron en numerosos festivais de Galicia, España e Europa. A sua primeira obra como director Jazz en Liberdade, recibiu o premio a Mellor Longametraxe Documental nos premios Mestre Mateo 2011 outorgado pola Academia Galega do Audiovisual. Ademais dirixiu as longametraxes documentais En Calquera Lugar e Milímetros, varias curtametraxes, programas de televisión e pezas audiovisuais.

  • Anxos Fazáns

    Estuda Comunicación Audiovisual na Uvigo, un Máster de Dirección de Cine na ESCAC e un Máster en Arte Contemporánteo, Creación e Investigación da Uvigo. A partir da curtametraxe Area comeza a súa carreira profesional e o seu interese polo formato analóxico. Con esta peza logra seleccións en varios festivais internacionais entre os que destaca Zinebi (Bilbao). A Estación Violenta é a súa primeira longametraxe, coa que viaxa por Festivais Internacionais entre os que destacan BAFICI en Bos Aires, SEFF Festival de Cine Europeo de Sevilla, D’A en Barcelona, Sanfic en Santiago de Chile, FICCALI ou Cinespaña Toulousse. En 2019 estrena a curtametraxe Analóxica, producida por Erika Lust e que se programa en seccións competitivas de BAFICI e Curtocircuíto. Ese mesmo ano inaugura a videoinstalación Sed que forma parte das Residencias Artísticas Injuve 2019. Creou xunto a Silvia Fuentes a productora Sétima Media, dende onde traballa o desenvolvemento da súa nova longametraxe.

  • Berio Molina

    Berio Molina é un artista nado en A Fonsagrada en 1979. É licenciado en Belas Artes. Estudou na UPF de Barcelona e na R.I.T. de Nova Iorque arte dixital e programación audiovisual. Dende 1999 interesouse pola creación colectiva sendo membro do colectivo de arte de acción Flexo, do colectivo de estudos aurales escoitar.org [2] e do colectivo de arte e acción libre alg-a. Na actualidade atópase desenvolvendo a súa tese doutoral sobre a escritura acusmática, traballo que acolle ao libro Setras polo que recibiu o premio especial do xurado do Puchi Award, outorgado por La Casa Encendida. Vén de estrear a súa película 7 Limbos (dirixida xunto a Alexandre Cancelo) na X Mostra de Cinema Periférico (S8), que formou parte da sección oficial de festivais como o Festival Márgenes de Madrid, o IIEFF (Istambul International Experimental Film Festival) ou o CODEC (Festival Internacional de Cine Experimental y Vídeo) de México.

Xurado Agag

  • José Antonio Cascudo

    Secretario xeral da Asociación Sindical Galega de Guionistas. Licenciado en Historia da Arte e Comunicación Audiovisual. Escribiu e dirixiu o filme documental O instante eterno e a curtametraxe experimental Alfa i Omega. Docente no Instituto Arcebispo Xelmírez I de Santiago de Compostela, na especialidade de Técnicas e Procedementos de Imaxe e Son. Colaborou en varios proxectos de edición e investigación no eido artístico e audiovisual. Impartiu diferentes cursos de estética cinematográfica e ficción televisiva, organizando seminarios sobre os cineastas Chris Marker ou Aleksandr Sokurov, entre outros. É autor do libro de poesía Manual do misántropo.

  • Enrique Lojo

    Nado na Coruña en 1988, como guionista comezou a súa carreira na Televisión de Galicia, en ficcións como Luci, Serramoura ou A Estiba, entre outras. Escribiu thrillers como La Sala (HBO), comedias como Mambo (Playz) ou El último show (FORTA/HBO) e o pregón da feria medieval de Pontedeume do 2017. Actualmente traballa como guionista e produtor executivo no departamento de desenvolvemento de Plano a Plano.

  • Ángela Andrada

    Ángela Andrada é unha guionista licenciada en Xornalismo con especialización en audiovisual pola Universidade de Santiago de Compostela. Cursou a diplomatura de Guión no Instituto de Cine de Madrid, onde o seu proxecto de longametraxe, Yo soy Mónica, foi seleccionado para a súa realización e producido pola propia escola. De volta en Galicia, o seu traballo Hai vida en Bran? gañou o premio ao mellor proxecto webserie no Festival Carballo Interplay (2017) e foi nomeada logo á mellor webserie nos Premios Mestre Mateo (2019). En televisión, Ángela foi guionista para o concurso cultural da TVG Coma un allo e traballou como revisora de diálogos do filme arxentino Marea, de Emiliano Torres. Recentemente, Ángela coescribiu con Al Díaz a curtametraxe A rabia, que se atopa en fase de preprodución. Ao tempo, traballa no desenvolvemento da súa curtametraxe, Adiós, Berta, cuxo guión foi seleccionado no FICBUEU.