#programación

Menú

Escolas como centros de produción cinematográfica

Luns 5 de outubro | 12:00 h | Facebook e Youtube

ACCEDE AQUÍ Á ACTIVIDADE (PARTE 1)

ACCEDE AQUÍ Á ACTIVIDADE (PARTE 2)


Nos últimos anos, algúns dos traballos estatais máis interesantes e innovadores foron elaborados no marco das escolas de cine, que están a funcionar como axentes catalizadores do desenvolvemento e a creación cinematográficos. Esta concepción holística da escola como institución que alumea, promove e acompaña o alumno no proceso creativo cara á culminación da obra converte esas escolas en modelos para o desenvolvemento vocacional, a creación en colectividade e o tecido dunha futura comunidade profesional.

Buscando o intercambio entre os diferentes modelos existentes, Curtocircuíto convoca tres deses centros: a Pompeu Fabra co seu Mestrado en Documental de Creación (Barcelona), a Elías Querejeta Zine Eskola (Donosti) e a ECAM (Madrid) participarán achegando a experiencia tanto dos seus ideólogos como de tres cineastas que desenvolveron as súas películas neses marcos.


Jordi Balló 

Profesor de Iconografía do Cinema na Universitat Pompeu Fabra e decano da Facultat de Comunicació. Foi director de exposicións do CCCB, onde comisariou El segle del cinema, Erice - Kiarostami e Hammershøi i Dreyer, entre outras. Dirixe o Mestrado en Documental de Creación da UPF, desde o cal se impulsaron filmes como O que arde, La plaga, El cielo gira e La leyenda del tiempo I. En 2005 obtivo o Premio Nacional de Cultura da Generalitat de Catalunya como director do Mestrado en Documental de Creación.

Luis Ferrón

Luis Ferrón é xerente da ECAM (Escuela de Cinematografía y del Audiovisual de la Comunidad de Madrid). Foi produtor executivo de El futuro (Luis López Carrasco), Los mutantes (Gabriel Azorín) e El año del descubrimiento (Luis López Carrasco), e produtor de Sueñan los androides (Ion de Sosa) e El cerro de los dioses (Daniel Caneiro).

Carlos Muguiro 

Cineasta, docente e comisario cinematográfico. Premio extraordinario de doutoramento pola Universitat Pompeu Fabra e graduado en Comunicación pola Universidad de Navarra e en Dirección de Cinema pola ECAM. Foi fundador do Festival Punto de Vista e o seu director ata 2009. Responsable da especialidade de Cinema Documental da ECAM ata 2016, desde 2017 é director da Elías Querejeta Zine Eskola.


Neus Ballús

Neus Ballús e directora e autora de guións de cinema. O seu primeiro filme, La plaga (2013), estreouse no Forum da Berlinale e foi candidato aos Premios do Cinema Europeo, o LUX e os Goya. A súa segunda longametraxe, El viatge de la Marta (2019), fixo a súa estrea na sección Panorama da Berlinale, proxectouse en máis de trinta festivais e mostrouse en máis de cen salas de cinema. Na actualidade está a traballar na súa terceira longametraxe, Sis dies corrents

Chema García Ibarra 

Chema García Ibarra dirixiu e escribiu El ataque de los robots de Nebulosa-5 (2009), Protopartículas (2010), Misterio (2013) e La disco resplandece (2016). O seu último traballo, a curtametraxe Leyenda dorada, foi estreado na Berlinale 2019. Prepara a rodaxe de Espíritu sagrado, que pasou pola segunda edición de La Incubadora, de The Screen (ECAM).

Gabriel Azorín 

Diplomado en Dirección pola ECAM e cun posgrao na Elías Querejeta Zine Eskola. Dirixiu as curtametraxes Los galgos e Mañana vendrá la bala e o documental Los mutantes. Os seus traballos foron exhibidos en festivais como San Sebastián, Belfort, Sevilla, FICUNAM e Zinebi. É membro fundador do colectivo lacasinegra.


Actividade en colaboración con: