#programación

Menú

Encontro con PROXECTA CONSTRÚE: ‘Cultura 2021: e agora que?’

Cafetería CGAC

10 de outubro | 16:30 h

Entrada libre previa retirada de entrada no despacho de billetes do Teatro Principal a partir de dous días antes do evento ou en liña

Nun panorama de cambios que modifican drasticamente e en tempos moi curtos as producións de festivais, as asociacións de profesionais amósanse como o futuro de cara ao deseño dunha política unificada. Desde hai un tempo os festivais véñense agrúpando en diferentes colectivos non só co obxectivo de  promover unha economía cultural máis xusta, senón tamén co de fortalecer unha cultura transversal entre diferentes axentes culturais. Este encontro contará con representantes dos festivais de cinema, de música e das artes escénicas que analizarán esta e outras problemáticas que afectan ao futuro do sector nos tempos de coronavirus.

Participan: Diego Vázquez Meizoso, Uxío Novoneyra e Suso Novás

Modera: Ana Cermeño


En colaboración con: