#programación

Menú

#OutraCompostela

Do 28 de setembro ao 9 de outubro | Santiago de Compostela

Que é?

#OutraCompostela é unha actividade enfocada cara a educación vocacional e profesional no ámbito do cine, deseñada e programada por Curtocircuíto. Xorde froito da colaboración entre o Festival Curtocircuíto e a Universidade de Santiago de Compostela, co apoio de Santiago Turismo e a Santiago de Compostela Film Commision

A quen vai dirixida? 

A actividade, fixada en cada edición do festival e que goza de carácter creativo e experimental, está dirixida ao alumnado da USC, en concreto da Facultade de Ciencias da Comunicación (Graos de Periodismo, Comunicación Audiovisual e dobre grao). 

En que consiste? 

O alumnado participante elaborará unha peza audiovisual que lle permita levar á práctica os coñecementos e habilidades adquiridos na facultade. Esta é unha experiencia na que se dá a oportunidade de asumir a experimentación e o risco. 

A temática desta edición: o emprego da imaxe como rexistro de distintas realidades

Nesta edición, o concurso centrarase na obra cinematográfica de Dennis Hopper, foco de Curtocircuíto 2020 e un dos referentes da contracultura que, nos anos 60, promovía un movemento cultural antisistema desde unha obra que abrangueu fotografía, pintura e cinema. Partindo de traballos como Out of the Blue ou The Last Movie, traballaremos sobre o cuestionamento á autoridade, os dereitos das mulleres ou as diferentes tensións sociais, tendo Santiago de Compostela como escenario posible para calquera realidade.

Cómpre ter en conta o traballo de Hopper:

  • A reflexión sobre a sociedade actual cunha mirada crítica.

  • O lisérxico contra o establishment. A liberdade contra a autoridade.

  • A arte como un campo interdisciplinar.

Condicións para participar

  • A participación farase por equipos, cun máximo de 5 equipos compostos por un mínimo de tres persoas e un máximo de cinco persoas cada un.

  • Todas as pezas audiovisuais deberán ser gravadas na cidade de Santiago de Compostela. 

  • O alumnado que queira participar, deberá enviar os seguintes datos de cada un dos integrantes do seu grupo ao enderezo de correo info@curtocircuito.org

    • Nome e apelidos 

    • Teléfono

    • eMail

    • DNI 

    • Curso e grao no que está matriculado

Requisitos das pezas audiovisuais

  • A duración mínima das obras presentadas será de 3 minutos e, a máxima, de 5 minutos. 

  • Cada unha das pezas deberá enviarse a través de Wetransfer ou calquera outra plataforma de envío de datos e arquivos online.

  • A data límite para o envío das pezas será o venres 9 de Outubro ás 23:59 horas

  • As especificacións técnicas para a entrega das pezas serán as seguintes:  

    • Arquivo dixital .mov ou .mp4

    • Resolución FULL HD 1920 × 1080 ou HD 1280 × 720

    • Códec H264

    • Bitrate dende 8000 a 40000 kbits

    • Audio AAC stereo a 384 kbps

    • O arquivo non poderá superar os 2 Gb de peso

    • O festival Curtocircuíto e a Concellaría de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, resérvanse o dereito a reproducir total ou parcialmente as pezas presentadas a concurso e os autores das obras aceptan, coa súa inscrición, as bases presentes.

    • Así mesmo, o festival Curtocircuíto resérvase o dereito a publicar, na páxina exclusiva de Tumblr Outra Compostela, as pezas participantes desta edición. 

Premios

  • O equipo gañador será anunciado na gala de Clausura da 17ª edición de Curtocircuíto, que terá lugar o 11 de Outubro ás 20:30 no Teatro Principal. 

  • O grupo que resulte gañador do concurso, recibirá un curso de formación para cada un dos integrantes do equipo de traballo na Escola Unitaria

Coa finalidade de adaptar a actividade ás circunstancias derivadas do COVID-19: 

  • Aceptaranse tanto obras filmadas polos propios participantes como obras creadas a partir de metraxe e vídeo atopado (o festival facilitará os recursos necesarios para realizar obras a partir de metraxe e vídeo atopado). 

  • Aceptaranse obras filmadas con material profesional e con outros recursos, como os teléfonos móbiles.

  • Aceptaranse obras filmadas tanto en exterior como en interior.

  • Os equipos poderán traballar a distancia para a realización da obra.

Para máis información: info@curtocircuito.org