#programación

Menú

Breve encontro con Alex Cox: Eu era o secuaz de Dennis Hopper

Venres 9 de outubro | 18:00 h | Facebook, Youtube e Instagram

ACCEDE AQUÍ Á ACTIVIDADE


O director británico Alex Cox, autor de obras de culto como Repo Man, Sid and Nancy e Fear and Loathing in Las Vegas, achéganos ás entrañas da súa etapa no deserto de Almería. Straight to Hell Returns, filme programado nesta edición de Curtocircuíto, contou coa participación da icona da contracultura Dennis Hopper. De resultas desta película, Hopper e Cox trabaron unha relación de amizade que se mantería ata a morte do estadounidense. Arredor de tal relación xirará esta entrevista, dirixida polo programador David Bizarro.


Alex Cox

Alex Cox naceu na contorna de Liverpool en 1954. Dirixiu varias longametraxes, entre as que se contan Repo Man, El patrullero (O patrulleiro) e Tombstone Rashomon, produciu emisións electorais para o Partido Verde do Reino Unido, escribiu libros e guións e actuou en obras teatrais e cinematográficas. Viviu nos Ánxeles, na Cidade de México, en Tabernas (Almería) e en Oregón.

David Bizarro

David Bizarro (A Coruña, 1979) preséntase a si mesmo como “investigador do paranormal e médium do audiovisual”. Asinou artigos sobre música e cinema para El País, Número Cero e Canino, explorou as vertentes do underground da man de La Felguera, Karate Press e Libros Walden e colaborou con El Mundo Today na Cadena SER.