Entradas

Información práctica

  • As seccións Radar, Explora, Penínsulas e o Foco a Dennis Hopper poderanse ver en liña na plataforma Filmin entre os días 3 e 11 de outubro en territorio español.

  • Se xa estás suscrito a Filmin, podes ver toda a nosa programación en liña a través da canle de Curtocircuíto en dita plataforma. 


Proxeccións

  • Proxeccións Teatro Principal, Salón Teatro e Numax: 3 €

Concertos e espectáculos 

  • Julián Mayorga: 7 €

  • Amorante + Javier Díez Ena: 7 €


Venta de entradas

  • En liña: Recoméndase a adquisición en liña de todas as entradas do festival a través da plataforma compostelacultura.gal 

  • Teatro Principal: Neste despacho de billetes poderanse adquirir e retirar as entradas para todas las proxeccións e eventos do festival, sexa cal sexa o seu emprazamento. Horarios: Desde o 29 de setembro, de martes a sábado (+ días de evento) entre as 18:00 e as 21:00h. Semana do festival, de 16:30 ata o inicio da última sesión de cada día. Teléfono: 981 542 349

  • Numax: Aquí só se poderán adquirir e retirar entradas para as proxeccións que teñan lugar nesta sala. Dende o 29 de setembro, pódense mercar anticipadas no despacho de billetes de Numax. Teléfono: 981 560 250


Avisos importantes

  • A clausura e a inauguración son de balde, ata completar aforo, previa retirada das entradas no despacho de billetes do Teatro Principal, a partir de dous días antes de cada evento. 

  • A cabida nas sedes Teatro Principal e Salón Teatro está limitada a 60 persoas; en Numax, a 35 persoas.

  • *O limite de capacidade poderá variar en función da normativa vixente en materia sanitaria nas datas de celebración do festival.  


Protocolo de acceso 

  • (*) Accede ao protocolo actualizado de acceso a eventos e espectáculos en espazos cerrados nesta ligazón.

  • Como norma xeral serán de aplicación as establecidas na normativa vixente en cada momento, primando o mantemento da distancia de seguridade de 1,5 m. entre espectadores. 

  • Será obrigatorio o uso de máscara.

  • Haberá instalados postos para a desinfección de mans. 

  • Entrada ás instalacións de forma gradual, mantendo en todo momento esa distancia de seguridade de 1,5 m. (Recoméndase acudir cunha antelación mínima de 20 minutos antes do inicio da sesión).

  • O control de acceso realizarase mediante os postos de tiqueo desatendido que permitirán que cada persoa que acceda poida ticar a súa entrada sen contacto físico e mantendo a distancia de seguridade. 

  • A saída das instalacións realizarase de forma gradual, as persoas que estean máis próximas á porta, serán as primeiras en abandonar a sala. Será o persoal de acomodación quen dará as indicacións pertinentes. 

  • Se presenta algún síntoma relacionado co COVID-19, tos, dificultades respiratorias ou febre, non poderá acceder ás instalaciónss.