#programación

Menú

Encontro con AGAG | ‘O espazo creativo nas novas plataformas’

Cafetería CGAC

8 de outubro | 16:30 h

Directores e guionistas danse cita neste encontro para analizar o impacto das novas plataformas nos procesos de creación. Moderado polo sindicato de guionistas AGAG, esta conversa busca contrapoñer a fisicidade de tradición fronte a un novo panorama dixitalizado e onde a premia unha maior liberdade. 'O espazo creativo nas novas plataformas' pretende non responder ás cuestións actuais, senón intentar adiviñar como será o futuro das mesmas.

 
Modera: Araceli Gonda
Participan: Brandán Cerviño, David Fidalgo Omil, Andrés Albalat e Paloma Hernández (seleccionados en Planeta GZ) e Adrián Canoura (Seleccionado en Sección Oficial Explora).

Actividade en colaboración con: