#programación

Menú

Residencia artística Curtocircuíto

Presentación

Curtocircuíto, Festival Internacional de Cine de Santiago de Compostela, continúa sendo un lugar para a confluencia de distintas disciplinas. Mantendo como eixo principal o cinema de autor e a aposta polas linguaxes contemporáneas, cada edición persegue, a través desa  interdisciplinariedade, a adhesión entre cidade, público e creadores. 

Este 2020, o festival organiza, co apoio de Santiago Turismo, a Santiago de Compostela Film Commision e Cuarto Pexigo esta  proposta que pon o foco na interxección das diferentes artes visuais a través dunha residencia artística que acollerá ó arquitecto e fotógrafo Yosi Negrín. Este é un proxecto centrado en vindicar unha imaxe de Santiago de Compostela que diste das tradicionais representacións da cidade. Na pasada edición, Curtocircuíto comisionou unha performance concebida para o propio festival: RŪGA, obra da artista visual Marta Verde, o creador sonoro Artur M. Puga e o coreógrafo e investigador Javier Martín. E con esta residencia queremos seguir convertendo, pouco a pouco nun espazo de creación e produción.


Obxetivo da Residencia Curtocircuíto

Ante unha situación de cambio marcada pola explotación turística nos tempos dunha crise sanitaria, esta residencia artística busca dotar á cidade de imaxes que redescubran as orixes dun casco histórico sepultado nunha avalancha dixital de imaxes tópicas e superficiais. É por iso que nos propoñemos revisitar os seus espazos, arquitecturas e rúas. Baixo esta premisa, a nosa proposta partiría da invitación do fotógrafo e artista Yosi Negrín, arquitecto, curador e fotógrafo formado na ETSAM. Negrín centra o seu traballo sobre o estudo do mapa físico e dixital, así como as cuestións que xorden entre o territorio e a súa presencia dixital. Yosi Negrín colaborou co Studio Luis Úrculo, Lanza Atelier ou ARCO Madrid, e o seu traballo foi exhibido en Madrid, Barcelona, Nova Inglaterra, Palermo, Tenerife, Venecia e Teherán.

A súa estancia terá lugar nas datas do propio Festival (3 ao 11 de outubro), no espazo Cuarto Pexigo e estaría vinculada imprimir a súa visión da cidade. Vinculando o seu traballo fotográfico co exercicio de descoberta, o artistar traballará na representación das realidades que pasan desapercibidas, así como de ollar os lugares máis emblemáticos ou as estampas máis comúns dende novos prismas, sempre dende unha libertade creativa absoluta tanto na forma como no contido.


Sobre Cuarto Pexigo

Cuarto Pexigo está dirixido principalmente a creativos, fotógrafos ou artistas en xeral, que queiran coñecer Santiago de Compostela e crear un traballo inspirado na súa estancia. Este espazo, de arquitectura diáfana, conectada co exterior e próximo ao parque de Belvís, está ubicado na Rúa do Pexigo de Abaixo, 18, Baixo dereita (15704, Compostela). A súa localización e arquitectura son idóneas para acoller estancias artísticas nun ambiente de retiro e desconexión. Ao mesmo tempo, está moi próximo ás zonas con máis vida e dinamismo da cidade, polo que permite unha inmersión en Santiago apartada dos aloxamentos e as rutas máis típicamente turísticas. 


Yosi Negrín

Yosi Negrín (Santa Cruz de Tenerife, 1994) é un artista, arquitecto e comisario cuxo traballo céntrase na relación existente entre o virtual e o real. A súa obra investiga a construcción da realidade física mediante a nosa relación coa tecnoloxía e o dixital. Xa sexa mediante o vídeo, a instalación ou a creación de imaxes artificiais xeradas por el mesmo, Negrín emprega diversos medios artísticos para construir paisaxes que poñen en cuestión o real. O seu traballo céntrase no estudo do mapa dixital e físico, así como nas meta-narracións creadas polos mesmos que damos por válidas no noso día a día. No seu traballo máis recente, o artista pon en cuestión como a tecnoloxía moldea non só a nosa visión do real no presente senón tamén do que cremos posible no futuro. Entre as exposicións máis recentes nas que participou destaca a súa individual "2020. Wasted Panorama" (2020); así como mostras colectivas: Aragon Park, Madrid (2020); 10 segundos, 20 artistas, Madrid (2020) ou Swatch Cities, Madrid (2018). Yosi é tamén cofundador de Casa Antillón, estudo de Arte e Arquitectura de Madrid dedicado principalmente a exposicións experimentais de arte emerxente.

IG: @yosinegrin

Web: yosinegrin.xyz 


En colaboración con: