Curtocircuíto – Festival Internacional de Cine foi fundado no ano 2003 polo Concello de Santiago de Compostela co obxectivo de potenciar a creación cinematográfica.
Dezasete edicións despois, Curtocircuíto é un festival destacado no panorama estatal que traballa en contacto directo con outros festivais de Europa. Na nosa Sección Oficial compiten filmes de todo o mundo e nas seccións paralelas ofrecemos unha programación heterodoxa que abarca diferentes formatos e duracións. A contemporaneidade, o risco e a exploración formal son as guías do noso traballo. Nos últimos aos, o modelo evolucionou para convertelo nun festival interdisciplinar que, mantendo o cinema como eixo, abarca na súa programación outras disciplinas tales como a fotografía, a arte sonora, a etnografía, a música ou a literatura. Consideramos que este diálogo entre as artes que compoñen o cinema enriquece a experiencia do espectador e nos permite, como programadores, romper certas convencións e constricións propias dos festivais tradicionais. Curtocircuíto é un festival comprometido co seu tempo, que apoia a creación, a formación e a integración da cidadanía, un punto de encontro lúdico e cultural.
Dirección artística: Pela del Álamo
Coordinación xeral e dirección de produción: Sabela Mendoza
Programación: Pela del Álamo, Pixi Arnoso, Brais Romero
Responsable técnico, tráfico e control de copias: Pixi Arnoso
Departamento de convidados: Marta Díaz, Jesús Silva
Coordinación de contidos e públicos: Alicia Alonso
Comunicación: Andrea Villa
Prensa: Pablo Sotés
Redes sociais: Anxela Baltar
Xefe de produción: Martín Cañedo
Produción de actividades, concertos e eventos: Coque Dosil
Produción técnica: Emilio Horyaans
Asistente de produción: Victoria Blanco
Deseño: Juan Junquera
Fotografía: Aigi Boga
Subtitulado: Marián Sande
Traducións: Marta Díaz, Cristina Río
Web: Numax