Acto de clausura e entrega de premios
Teatro Principal |20:30 h
Entrada libre previa retirada de entrada no despacho de billetes do Teatro Principal a partir de dous días antes do evento

PUEDES SEGUIR O ACTO POR STREAMING AQUÍ
Como colofón á décimo sétima edición do festival, celebraremos un acto de clausura, presentado pola poeta Lucía Aldao, que consistirá en:
- Entrega dos premios aos gañadores das distintas categorías
- Proxección dunha selección das películas gañadoras
Lucía Aldao
Lucía Aldao (A Coruña, 1982) iníciase na poesía durante a adolescencia. O seu éxito lévaa a estender as súas actividades, combinando a literatura coa música, o guión e o humor. É unha poeta oral que leva máis de media vida recitando nos escenarios máis variados. En 2005 xúntase coa tamén poeta María Lado, e a día de hoxe continúan ofrecendo os seus espectáculos polos teatros, salas de concertos, festivais, bares e centros de ensino do país e fóra das fronteiras deste. Xuntas son aldaolado, o irreverente dúo poético que mestura a poesía co humor e a música nun exercicio de comunicación directa co espectador.