#updates

Palmarés Curtocircuíto 2020

Novas

Os distintos xurados desta edición de Curtocircuíto - Festival Internacional de Cine tras as deliberacións oportunas decidiron outorgar os seguintes premios:

●      Premio Radar: Sun Dog, de Dorian Jespers

Porque en tempos de escuridade, este filme amósanos unha luz apocalíptica que, entre o soño e o pesadelo, ofrécenos a esperanza do fin do inverno. Pola súa potencia devastadora.

●      Mención especial Radar: Dustin, de Naïla Guiguet.

Por bailar e bailar. Seguir toda a noite c@s amig@s. Rir. Chorar. Bicar. Amar. Buscar o recoñecemento e atopar a tenrura. Pola a súa autenticidade conmovedora.

●     Premio Explora: Look Then Below, de Ben Rivers

Pola forma sutil e complexa na que o filme oscila entre a pura pegada e a icona pura na construción dunha paisaxe velada.

●      Premio Galiza: Vestiges (an archipielago), de Enar de Dios.

Por ser unha película reveladora, que nos fala sobre as consecuencias da desintegración e a transformación do territorio a mans do ser humano. Porque a autora logra un persuasivo equilibrio entre a palabra e as imaxes logrando axitar e interpelar ao espectador de maneira contundente.

●      Mención especial Galiza: Blanco y Fucsia, de Marta Valverde.

Por realizar un exercicio fresco e atrevido de auto retrato cunha fráxil e valente proposta formal que consegue captar as contradicións entre os soños e a realidade.

●      Premio Penínsulas, patrocinado por RC ServiceLa sangre es blanca, de Óscar Vicentelli.

Polo risco formal, sorprendente e inédito, á hora de abordar un motivo con certa traxectoria audiovisual, a tauromaquia, desde unha perspectiva innovadora e que convida á reflexión, creando certa distancia grazas á súa proposta visual.

●      Mención especial Penínsulas: Los Páramos, de Jaime Puertas

Polo mérito de achegar a cámara a unha realidade de retrato complexo, non maniqueo, cun compoñente mítico e, por veces, onírico.

●     Premio do Público, patrocinado por GADISDustin, de Naïla Guiguet.

●     Premio Xurado Novo: Pyrale, de Roxanne Gaucherand

Por retratar de maneira sensible dúas naturezas aparentemente opostas como son a documental e a ficción, e un desastre ecolóxico co descubrimento dun primeiro amor nunha fusión de violencia e beleza.

●      Mención especial Xurado Novo: Sun Dog, de Dorian Jespers

Polo emprego dun dispositivo vangardista que soubo captar ao espectador en tres planos e ao espiritu xeracional.

●      Premio CREA á Mellor dirección galega: Vestiges (an archipielago), de Enar de Dios.

Por manter a coherencia entre a forma e o discurso, acadar unha narrativa emocional co emprego de recursos contemporáneos e amosar unha problemática universal desde unha ollada persoal

●      Premio AGAG ao Mellor guion galego: Todo el mundo se parece de lejos, de Rafa de los Arcos

Pola capacidade de contar sentimentos complexos de maneira sútil e ofrecer un retrato realista e sen artificios dunha ruptura amorosa.

●      Mención especial AGAG:Onde dormen as gaivotas, de Dani Cornes

Por reflectir a través da ciencia fición unha inquedanza universal e contemporanea.

●      Premio Outra Compostela, patrocinado por Turismo de Santiago e Santiago de Compostela Film Commission:  De sangue e cristais,de Lucía RamiroBruno AriasMiguel GonzálezBeatriz Fernández Miguel García.

Pola boa concepción do lisérxico contra o stablishment; da liberdade contra a autoridade e por saber plasmar a imaxe como rexistro doutra posible realidade.

 

Curtocircuíto - Festival Internacional de Cine de Santiago de Compostela está organizado polo Concello de Santiago de Compostela e financiado, entre outros, pola Deputación da Coruña e AGADIC.