#programación

Menú

Supernova

Esta sección naceu para salvar a brecha existente entre as primeiras experiencias cinematográficas e os circuítos profesionais. Eses primeiros traballos que non teñen fácil acceso a espazos de difusión atopan en Supernova o seu lugar. O festival quere empregar esta sección para que cineastas emerxentes aprendan a presentar, defender e acompañar os seus filmes e, para isto, encargarase de que entre o público haxa sempre programadores, produtores e realizadores máis experimentados que poidan cuestionar as propostas e enriquecer os coloquios.

Salón Teatro

Duración: 110m 54s

Los que no sienten

Os que non sinten

Marta Porto

  • 2019
  • 12:54
  • España
  • DOC
  • COR

As directoras coñecen a Tamar, unha moza palestina que fai reflexionar sobre a realidade que viven os habitantes de Gaza. Por medio de imaxes cotiás enviadas durante meses, amosan a fraxilidade e o día a día das persoas en Palestina.

Mentres iso pasa

Mentres iso pasa

Nacho Ozores

  • 2019
  • 08:00
  • España
  • FIC
  • COR

Nico é un mozo con teimas e compulsións que o privan de facer unha vida normal. Hoxe volveu chegar tarde a un adestramento. Nico precisa que pase ese inferno da súa cabeza. Por sorte, hai alguén que o pode axudar.

Video-ensaio sobre a miña depresión

Video-ensaio sobre a miña depresión

Antía Carreira

  • 2020
  • 10:22
  • España
  • DOC
  • COR

Ao longo destes últimos seis anos, cos seus máis e os seus menos, tiven trastorno depresivo. Este ensaio visual analiza desde a miña perspectiva actual, de estabilidade mental grazas á asistencia a terapia e á medicación, o meu percorrido emocional ata onde estou agora. Isto por medio das miñas animacións e os vídeos que meu avó me deixou.

Garza

Garza

Daniel Pérez Silva

  • 2020
  • 12:56
  • España
  • DOC
  • COR

Unha muller dedícase a vivir. O seu sobriño, a gravar como vive e as conversas que teñen mentres toman café.

Papá, por que quitas a música?

Papá, por que quitas a música?

Ariadna Cordal García

  • 2020
  • 11:00
  • España
  • FIC
  • COR

Debido a unha situación económica complicada, un pai perde o seu traballo e cae nunha depresión. Cando a relación coa súa familia empeora, súa esposa e seu fillo tentarán axudalo.

FIN, unha curtametraxe de Ángel Filgueira anteriormente coñecida como “Sen título”

FIN, unha curtametraxe de Ángel Filgueira anteriormente coñecida como “Sen título”

Ángel Filgueira G

  • 2020
  • 06:00
  • España
  • FIC
  • COR

Un desastre explícito. Algo que contar, nada máis.

Rubí

Rubí

Raquel Álvarez Méndez

  • 2019
  • 05:29
  • España
  • EXP
  • COR

Esta peza é un retrato dunha amizade, construído a través da contemplación, fixándome nos detalles que a miña mirada percorría, tentando conseguir que o que a cámara estivese gravando fose o máis fiel posible ao que eu podía ver e achegando a cámara tanto como eu puidese facelo. Nese momento atopei un xeito de contar o que quería contar, amosando unha contorna case onírica vencellada á protagonista (a súa voz, as súas accións, os seus silencios...) e estando eu mesma presente na peza, mais a través dos seus ollos e os seus xestos, o que remata caracterizando a peza de celebrativa e íntima.

Cartografía do esquecemento

Cartografía do esquecemento

Ariadna Silva Fernández

  • 2020
  • 08:52
  • España
  • EXP, DOC
  • COR

Cartografía do esquecemento expón una reflexión sobre as consecuencias medioambientais e culturais xeradas pola industria do eucalipto en Galicia. O documental indaga no fenómeno do incendio desde unha mirada poética e experimental a partir de múltiples puntos de vista.

Toda aspereza

Toda aspereza

Pablo Aguilar Martín

  • 2020
  • 18:19
  • España
  • FIC, EXP
  • COR

Un transeúnte sen nome vese obrigado a trazar unha ruta circular no interior dunha estación de tranvía abandonada, enfrontándose á perda e á memoria. As paredes rotas actúan como canle transmisora de lembranzas fragmentarias, analóxicas e difusas.

Naoko

Naoko

Aranxa Vicens

  • 2020
  • 10:11
  • España
  • DOC
  • COR

Damian adéntrase no seu trasteiro rebuscando entre os recordos almacenados, enfrontándose con nostalxia a un pasado escondido na memoria. Sachiko, amósanos os seus orixes e o seu (des) arraigo, a través dunha mirada retrospectiva á súa infancia. Ambos poñen en común os seus presentes ao nacer Naoko, a súa filla, que supón un punto de reflexión e acción para o que significará ser unha familia de tres ante un futuro incerto.  

Retrato de un Hogar

Retrato dun Fogar

Yuri Salgado Álvarez

  • 2020
  • 06:51
  • España
  • EXP, DOC
  • COR

Cal é o noso Fogar? Neste filme exponse unha reflexión sobre o significado desta palabra afondando nunha nova idea deste amplo e á vez tan persoal concepto.