#programación

Menú

Radar

Obras de calquera xénero e de calquera nacionalidade. Unha variada selección dos títulos que marcan tendencias a escala mundial, tanto na ficción como na animación ou o documental. Cineastas experimentados conviven con novas promesas: curtas que chegan avaladas por numerosos premios concedidos en festivais internacionais e novas obras que Curtocircuíto quere dar a coñecer.

Ler máis Ver menos
Teatro Principal

Duración: 69m 00s

I am afraid to forget your face

Teño medo de esquecer a túa cara

Sameh Alaa

  • 2020
  • 15:00
  • Exipto, Francia, Qatar, Bélxica
  • FIC
  • COR

Tras 82 días separados, Adam emprende unha dura viaxe para reencontrarse coa persoa que ama, sen importar o que custe.

Dustin

Dustin

Naïla Guiguet

  • 2020
  • 20:00
  • Francia
  • FIC
  • COR

Nun almacén abandonado, unha multitude baile ao unísono, sacudida pola música tecno a 145 ppm. Entre a xente está Dustin, unha moza transxénero, e o seu grupo: Felix, Raya e Juan. Conforme a noite avanza, a histeria colectiva transfórmase en doce melancolía e a euforia, en anhelo de tenrura.

In the Air Tonight

In the Air Tonight

Andrew Norman Wilson

  • 2020
  • 11:00
  • EEUU
  • EXP, FIC
  • COR

O primeiro día de confinamento pola covid-19 en Nova York, Andrew Norman Wilson foi desaloxado da casa que tiña subarrendada e decidiu coller un voo de 30 dólares a Los Angeles esa mesma noite. Desde unha casa de campo con vistas ao letreiro de Hollywood, comezou a obsesionarse cun encontro que tivera cunha muller que conducía ao seu lado pola autoestrada cantando enfaticamente ao tempo a canción que el escoitaba na mesma emisora de radio. Esa canción era “In the Air tonight”, de Phil Collins.

Estrea en Europa

Quatorze ans

Catorce anos

Barbara Carlotti

  • 2020
  • 23:00
  • Francia
  • FIC
  • COR

Verán de 1988 en Córsega. Vanina, de 14 anos, súa curmá e súa irmá maior escapan ás agachadas para iren bailar e quedaren cos mozos na única discoteca que hai nos arredores. Para chegaren ata alí, teñen que camiñar pola estrada nacional, por camiños salvaxes e cruzar a ponte de Venaco baixo un gran ceo estrelado.