#programación

Menú

Radar

Obras de calquera xénero e de calquera nacionalidade. Unha variada selección dos títulos que marcan tendencias a escala mundial, tanto na ficción como na animación ou o documental. Cineastas experimentados conviven con novas promesas: curtas que chegan avaladas por numerosos premios concedidos en festivais internacionais e novas obras que Curtocircuíto quere dar a coñecer.

Ler máis Ver menos
Teatro Principal

Duración: 76m 14s

Pyrale

Couza

Roxanne Gaucherand

  • 2020
  • 48:25
  • Francia
  • DOC, FIC
  • COR

Verán do 2016. Nalgún lugar da Drôme Provenzal francesa, unha misteriosa praga ataca os pobos: nubes de bolboretas brancas invaden a rexión. Cando se achega a noite, todo o mundo se pecha nas súas casas, atrapados por estes bechos aparentemente imparables. Á medida que a enorme nube se aproxima, Lou descobre os estraños insectos e os seus sentimentos pola súa amiga Sam. Ao final da tempada, as couzas terán destruído todos os buxos centenarios, deixando tras elas unha paisaxe devastada.

Estrea en España

Playback. Ensayo de una despedida

Playback. Ensayo de una despedida

Agustina Comedi

  • 2019
  • 14:00
  • Argentina
  • DOC
  • COR

En Córdoba, lonxe da capital arxentina, o final da ditadura augura unha primavera que durará moi pouco tempo. A Delpi é a única supervivente dun grupo de amigos e amigas travestís e transformistas que a finais sa década dos oitenta empezaban a morrer de sida. Nunha cidade católica e de provincia, o Grupo Kalas converteu os playbacks e os traxes improvisados na súa arma e a súa trincheira. Hoxe, estas imaxes dun arquivo único e inédito son una carta de despedida e un manifesto á amizade.

Which is Witch?

Which is Witch?

Marie Losier

  • 2020
  • 05:49
  • Francia
  • FIC, EXP
  • COR

Luís II de Baviera leva petrificado no xeo desde tempos inmemorables. Atopámolo nun bosque, afortunadamente vivo! Tres irmás bruxas tentan desconxelalo e desentrañar o seu musical misterio. Vémonos inmersos con elas nun conto de fadas colorido e surreal.

White Goldfish

Carpa branca

Jan Roosens, Raf Roosens

  • 2020
  • 08:00
  • Bélxica
  • FIC
  • COR

Stella, unha nena de 10 anos, tropézase coa relación íntima que súa nai ten coa misteriosa Patty. Ao tempo que castiga a súa nai, enfróntase á complexidade das relacións adultas.

Estrea en España