#programación

Menú

Radar

Obras de calquera xénero e de calquera nacionalidade. Unha variada selección dos títulos que marcan tendencias a escala mundial, tanto na ficción como na animación ou o documental. Cineastas experimentados conviven con novas promesas: curtas que chegan avaladas por numerosos premios concedidos en festivais internacionais e novas obras que Curtocircuíto quere dar a coñecer.

Ler máis Ver menos
Teatro Principal

Duración: 73m 45s

How to disappear

Como desaparecer

Leonhard Müllner, Robin Klengel, Michael Stumpf

  • 2020
  • 21:00
  • Austria
  • ANI, DOC
  • COR

É posible desertar nun videoxogo de disparos? A partir desta pregunta, Como desaparecer reflexiona sobre a guerra e o xogo, a disciplina e a desobediencia. Porque a historia da rebeldía é tan antiga como a historia da guerra e, con todo, o acto da deserción transcende o espazo de acción do xogo. Filmado nas paisaxes bélicas, marciais e pintorescas ao tempo, do videoxogo en liña Battlefield V.

A chuva acalanta a dor

A choiva arrola a dor

Leonardo Mouramateus

  • 2020
  • 28:00
  • Portugal, Brasil
  • FIC, EXP
  • COR


No ano 74 d.C., Titus Lucretius Carus, un mozo de ideas atrevidas, tenta convencer o seu amigo Memio de que mudarse a Roma para estudar é unha absoluta perda de tempo. Anos máis tarde, Lucretius volve da capital. Tentando atopar o equilibrio entre as súas explicacións do mundo natural e a experiencia emocional que lle provoca, Lucretius vive unha paixón profunda e turbulenta con Isa, a súa esposa estranxeira.

Estrea en España

JÍIBIE

JÍIBIE

Laura Huertas Millán

  • 2019
  • 24:45
  • Colombia
  • EXP, DOC
  • COR

O ritual de fabricación do po de coca verde (chamado mambe ou jíibie) revea un mito ancestral sobre o parentesco. Na comunidade amazónica Múina-Murui, a planta de coca non é un produto, senón un interlocutor sacro, o corazón palpitante dun corpo colectivo.