#programación

Menú

Playlist

É case imposible contemplar os fenómenos artísticos do s. XXI sen comprendelos como un cúmulo de disciplinas converxentes. Músicos, cineastas, artistas visuais ou escritores apóianse mutuamente para dar lugar a novos formatos e correntes que avanzan inexorablemente cara a unha renovación dos vellos conceptos que rodean a maridaxe entre a música e a imaxe.

Nesta sección propoñemos un filme documental que, a través do retrato de Michael Gira, líder de SWANS, nos amosa un retrato íntimo do percorrido dunha banda única e irrepetible.

NUMAX

Duración: 121m 00s

Where Does a Body End?

Where Does a Body End?

Marco Porsia

  • 2019
  • 121:00
  • Canadá
  • DOC
  • COR

Where Does a Body End? é un retrato íntimo da banda SWANS desde as súas raíces como unha brutal e polémica banda pospunk que xurdiu a inicios dos oitenta na mesma cidade de Nova York que nos deu a Sonic Youth (e, dalgún xeito, a Madonna), pasando pola súa errada aposta polo éxito xeral na febre do ouro do indie-rock dos 90, as rupturas e caos (dentro e fora do escenario) ata o seu inesperado estado actual como unha das bandas máis consumadas e ambiciosas do mundo, cuxos concertos aseméllanse máis a rituais extáticos que a viaxes nostálxicas a través das súas cancións máis populares.