#programación

Menú

Planeta GZ

Esta competición aglutina as producións galegas que Curtocircuíto considera máis arriscadas e interesantes, ao mesmo tempo que intenta conformar un conxunto que represente a heteroxeneidade da escena cinematográfica galega.

Teatro Principal

Duración: 98m 01s

MARCAS

MARCAS

Aldara Pagán

  • 2020
  • 09:34
  • España
  • EXP
  • COR

En MARCAS recuperei tres poemas que escribín cando tiña entre 16 e 18 anos e conformei unha serie de poemas visuais nos que as imaxes do meu corpo na pantalla son acompañadas pola miña voz recitando. Con esta especie de tríptico volvo dalgunha maneira á adolescencia e redescúbrome a a min mesma, as miñas pantasmas. Peza filmada en Super 8 na Elías Querejeta Zine Eskola.

Blanco y fucsia

Branco e fucsia

Marta Valverde

  • 2020
  • 10:36
  • España
  • EXP
  • COR

Chego á casa do meu traballo mal pagado. Outra vez tarde. Abro o frigorífico e recordo que non só non me puiden preparar unha friameira para hoxe, senón que non tiven nin sequera tempo de ir facer a compra. Miro luxuriosamente as baldas dos meus compañeiros de piso, pero non vexo nada que poida roubar sen que se decaten. Acabo por cocer pasta con pesto e levo o prato ao me cuarto. A miña parede chea de pósteres, fotografías e debuxos é unha fiestra. Pecho os ollos, xa non estou alí, estou en calquera outro tempo, en calquera outro lugar.

Estrea mundial

Vestiges (an archipelago)

Vestixios (un arquipélago)

Enar de Dios

  • 2020
  • 40:59
  • Austria
  • EXP, DOC
  • COR

Vestiges (an archipelago) é un videoensaio que investiga a nosa insaciable demanda de area, o recurso natural máis usado do mundo despois da auga. Trátase dun labirinto narrativo e poético onde se cruzan o colonialismo, as dragas e os proxectos de "recuperación do solo", e onde se conta como a area está enmarañada na máquina global que chamamos progreso.

Estrea en Galicia

Notas sobre a habitabilidade en A Barca

Notas sobre a habitabilidade en A Barca

Cinema Semente

  • 2020
  • 16:54
  • España
  • EXP, DOC
  • COR

Primeiro filme-investigación xurdido do colectivo Cinema Semente. Nace da utopía dun espazo cinematográfico no rural galego.

As horas cegas

As horas cegas

Lara e Noa Castro

  • 2019
  • 10:23
  • España
  • EXP, DOC
  • COR

As horas cegas é un retrato da noite e de quen a percorre. Explorámola a través dun personaxe cuxa ruta se repite noite tras noite e que nos axuda a xerar un transo, unha observación dinámica e inmersiva arredor desta figura do repartidor e da paisaxe durante a escuridade.

A loba

A loba

Iria Silvosa

  • 2019
  • 09:35
  • España
  • EXP
  • B&N

Polas paisaxes nocturnas camiño tralos pasos da bandoleira Pepa a Loba na compaña do seu inseparable can. Unha busca cega entre os restos ficticios e a natureza documental da súa pegada en terras chairegas.

Estrea en España