#programación

Menú

Penínsulas

Sección competitiva que recolle as pezas españolas máis destacadas da tempada. Un programa diverso que aglutina as diferentes tendencias dentro do cinema de autor, desde cine-ensaio ata ficción tradicional.

Teatro Principal

Duración: 60m 01s

O Arrais do Mar

O Arrais do Mar

Elisa Celda

  • 2020
  • 18:01
  • España
  • DOC, FIC
  • COR

O arrais do mar expón unha radiografía nocturna dun territorio no que varias accións simultáneas establecen unha complexa relación entre o mar e a costa. A película retrata un espazo sen centro e sen apenas vixilancia onde determinadas accións que foron desprazadas atopan o seu lugar.

Estrea en Galicia

Lonely rivers

Lonely rivers

Mauro Herce

  • 2019
  • 29:00
  • España, Francia
  • DOC
  • COR

Homes de diferentes idades converxen nunha mesma habitación. Non sabemos moito sobre eles nin sobre o tempo transcorrido. Só algúns signos, espazados ao longo da metraxe, nos permitirán saber algo da súa particular circunstancia.

Estrea en Galicia

Profecía

Profecía

Julieta Juncadella

  • 2020
  • 13:00
  • España, Ecuador, Argentina
  • FIC
  • COR

Tres amigos marroquís viaxan a unha illa na procura dun lugar. Alí refúxianse nun vello faro case deshabitado. "Quen pensaría que chegariamos ata aquí?”.