#programación

Menú

Penínsulas

Sección competitiva que recolle as pezas españolas máis destacadas da tempada. Un programa diverso que aglutina as diferentes tendencias dentro do cinema de autor, desde cine-ensaio ata ficción tradicional.

NUMAX

Duración: 76m 02s

Los Páramos

Os Páramos

Jaime Puertas

  • 2020
  • 42:33
  • España
  • EXP, FIC
  • COR

Estas terras tiveron antano outro nome. Poboáronas outros seres. Din que eses seres fundaron cidades. Que as pedras proféticas con que as levantaron posuían un antigo poder. Din que ese escuro poder nos mantén encerrados nun espellismo que nos fai crer que existimos de verdade. Pero xa ninguén lembra nada.

Estrea en Galicia

Autoficción

Autoficción

Laida Lertxundi

  • 2020
  • 14:00
  • EEUU, España, Nueva Zelanda
  • FIC
  • COR

Tomando prestado o seu título dun xénero literario, a película recoñece a indeterminación tanto da ficción como do ser. Elementos de film noir redúcense a xestos inexpresivos baixo a brillante luz do sol de California. Gravacións de campo realizadas en Nova Zelandia escóitanse mentres as mulleres falan entre elas sobre a maternidade, o aborto, as rupturas e a ansiedade. Un desfile en favor dos dereitos civís móvese lentamente por unha rúa. Os corpos aparecen en estados de cansazo, feridos ou en repouso, mentres as cancións de Irma Thomas e Goldberg evocan o paso do tempo e un futuro incerto.

Correspondencia

Correspondencia

Dominga Sotomayor, Carla Simón

  • 2020
  • 19:29
  • España, Chile
  • FIC
  • COR

En forma de conversa epistolar filmada, dúas cineastas novas e experimentadas falan sobre cine, familia presente e pasada, herdanza e maternidade. As reflexións persoais e profundas, que se encarnan nas imaxes graciosas tomadas día a día, de súpeto fanse eco da emerxencia política dun país.