#programación

Menú

Longas x Curto

Nesta edición Curtocircuíto programa as primeiras ou segundas longametraxes de cineastas que levan moitos anos medrando ao noso lado. Hai xa dez anos que Curtocircuíto exhibiu por primeira vez un traballo de Lois Patiño, do mesmo xeito que o festival fixo a primeira retrospectiva de Jessica Sarah Rinland hai xa tres edicións, que ademais viña de participar na Sección Oficial un ano antes, onde resultou gañadora. Igualmente, Curtocircuíto exhibiu con moito éxito as primeiras curtametraxes do colombiano Camilo Restrepo, que estará en Santiago por terceira vez. No caso de Oskar Alegria, se ben os seus traballos anteriores non formaron parte das nosas programacións, como director do Festival Punto de Vista mantivo unha estreita colaboración con Curtocircuíto. Todos eles son hoxe cineastas de sobra recoñecidos no circuito internacional. 

Ler máis Ver menos

Artista e cineasta, Jessica Sarah Rinland exhibiu internacionalmente en galerías, cines, festivales de cine e universidades, incluíndo NYFF, LFF, Rotterdam, Oberhausen, Edinburgh e Mar del Plata. Recibiu bolsas do Arts Council England, Wellcome Trust entre outras institucións. As súas Residencias inclúen: MacDowell Colony, Kingston University, Locarno Academy e Berlinale Talents. En 2016 exhibiu unha instalación en pantalla múltiple e aleatorizada We Account The Whale Immortal en Somerset House, Londres. Actualmente é Artista Asociada en Somerset House Studios, e Film Studies Center Fellow en Harvard University.

NUMAX

Duración: 67m 00s

Those That, at a Distance, Resemble Another

Those That, at a Distance, Resemble Another

Jessica Sarah Rinland

  • 2019
  • 67:00
  • Reino Unido, Argentina, España
  • DOC
  • COR

Con el colmillo de marfil de un elefante como protagonista, Those That, at a Distance, Resemble Another plantea una reflexión sobre la infinita sensibilidad de la conservación museológica y ecológica, invitando a reflexionar sobre formas de representación, réplicas y materializaciones de diversos materiales, las disciplinas y las instituciones.