#programación

Menú

XX:novas_creadoras

No festival queremos poñer en valor a unha xeración de mulleres cineastas valentes e xenuínas  que, desde 2016, foron pasando por Curtocircuíto e cuxa continuidade e cohesión fixo que queiramos destacalas como un grupo definido por características comúns concretas: o cinema en primeira persoa, o compromiso consigo mesmas e co seu entorno, o emprego de narrativas e historias non convencionais, que é producido dende a independencia e, sobre todo, a temática dos seus filmes. Neste aspecto, se ben o Novo Cinema Galego tiña un interese pola etnografía ou a paisaxe e as súas representacións, este novo grupo de cineastas amosa unha clara vocación por indagar en temas como a identidade e a intimidade, os conflitos de xénero, a sexualidade e o lugar dunha muller nunha sociedade que ten por asumir, dunha vez, un cambio de paradigma neses ámbitos. Un cinema fresco e arriscado que supón a renovación da escena cinematográfica galega.

En Curtocircuíto reunímolas neste foco para axuntar unha obra case colectiva onde os xéneros cinematográficos se mesturan e hibridan. Unha xeración que se consolidou nunha comunidade creativa a partir de espazos como Chanfaina LAB ou Novos Cinemas, onde os procesos creativos estiveron abertos a unha influencia mutua entre as cineastas. Estas pezas confirman a nosa idea de que os festivais deben de ser, ademais de espazos de exhibición, un punto de encontro, intercambio e produción de ideas. Anxos Fazáns, Lucía Estévez, Marta Valverde, Arancha Brandón, Ariadna Cordal García, Sol Mussa, Iria Silvosa, Aldara Pagán, Judith Adataberna e Lara e Noa Castro son as directoras e creadoras que proxectarán as súas obras nesta sesión especial. 

Salón Teatro

Duración: 100m 59s

Cando mamá pechou as caixas

Cando mamá pechou as caixas

Arancha Brandón

  • 2018
  • 16:25
  • España
  • DOC
  • COR

El cierre del negocio familiar y la despedida de una etapa. Un reto de superación entre el polvo y las crisis que tiene lugar cuando Delia debe cambiar de vida y seguir adelante con más de 50 años. Un documental sobre la familia, el trabajo en familia y la importancia de encontrarse a si mismos.

Sendeiro

Sendeiro

Lucía Estévez

  • 2018
  • 15:00
  • España
  • FIC
  • COR

Un conto de irmáns. O paso do tempo vive nas paredes baleiras da casa familiar. Julia e Manu conviven co silencio e a distancia, de costas á realidade. A inocencia acompaña ao cativo nun intento por sacar a flote á súa irmá.

Area

Area

Anxos Fazáns

  • 2017
  • 10:57
  • España
  • FIC
  • COR

Area narra a historia dunha despedida, pero tamén fala do proceso creativo dende o punto de vista de quen escribe. Afúndese literalmente na mente do escritor que utiliza a ficción para auto-descubrirse nas súas palabras. A protagonista desta curtametraxe é unha mente na que a realidade, a literatura, e o mundo onírico, forman unha mestura homoxénea.

Alí sentíame eterna

Alí sentíame eterna

Aldara Pagán

  • 2020
  • 06:55
  • España
  • EXP
  • COR

“Alí, co corpo espido, entre toda aquela vida colorida e natural, sentía a inmensidade. Alí sentíame eterna.”

El tiempo suspendido

O tempo suspendido

Marta Valverde

  • 2017
  • 02:43
  • España
  • EXP
  • COR

El río es un lugar de ocio familiar. Pero también es un rincón para conectar con la naturaleza y la propia esencia animal. La corriente funciona como el metrónomo de las pulsaciones humanas.

Naufragio

Naufraxio

Lucía Estévez

  • 2016
  • 04:27
  • España
  • EXP
  • COR

Pieza realizada dentro do obradoiro "Mirar o rio: Cinema e paisaxe", impartido por Lois Patiño, na Edición 01 do Festival Novos Cinemas de Pontevedra (2016). Investigación e experimentación a partir da idea da auga como tentación e perigo, partindo dun poema de Pablo Javier Pérez López, do libro La orilla detenida (2015).

Ventana y señor

Ventana y señor

Lucía Estévez

  • 2016
  • 01:14
  • España
  • EXP
  • COR

Pola mañá puxen música e recollín a habitación. Mentres, a cámara gravaba un señor e unha ventá.

El espectrorium

O espectrorium

Judith Adataberna

  • 2018
  • 12:48
  • España
  • EXP
  • COR

O espectrorium é unha viaxe en dúas fases a través do reino dos sentidos. Descompoñendo a mirada a través de diferentes espectros visuais, avanzamos por un sistema floral de colores suadas. A fascinación pola luz atopa a súa ambigüidade na reconsideración do real.

Fulgor

Fulgor

Iria Silvosa

  • 2016
  • 06:40
  • España
  • EXP
  • COR

Retrato do río que observa a cidade que o atravesa. Peza xurdida a partir do obradoiro "Mirar o río" impartido por Lois Patiño dentro do marco do Festival Internacional de Cine de Pontevedra NOVOS CINEMAS edición 01

A vella e o deserto

A vella e o deserto

Lara Castro, Noa Castro

  • 2019
  • 07:32
  • España
  • EXP
  • COR

A vella e o deserto xira arredor dunha muller simbólica, outra Xonxa, que desta vez non é labrega, ten unha vasoira e non un fouciño. Esta figura é ela mesma e calquera outra. A nosa vella vive no deserto do soño, onde nada se posúe e todo aparece, froito do traballo continuo, noite tras noite. Para a muller todo é deserto. Ela afánase en soidade, e do seu tesón agroman os verxeis. A mocidade, o amor, a abundancia ou a partida, aparecen codificadas, repetidas, na ilusión perpetua da memoria. Alí, o vento zoa e voan, como voaban na nenez, os papaventos.

They Ponder

Reflexións

Ariadna Cordal García

  • 2017
  • 04:56
  • España
  • DOC, EXP
  • COR

Documental experimental que explora a ambigüidade da mente e das emocións a través da xustaposición de retratos humanos e imaxes abstractas.

Stockroom

Almacén

Sol Mussa

  • 2019
  • 11:22
  • España
  • DOC, EXP
  • COR

Curtametraxe de xénero documental que mestura imaxes dun almacén de traballo con exteriores de Londres. Retrátanse as dificultades da cidade a través dos traballadores do almacén, os propios pensamentos de alguén que está vivindo o cambio ao novo lugar ou do Brexit. As imaxes están tratadas de forma experimental e permiten falar da memoria e dos cambios.