#programación

Menú

Explora

Obras de calquera xénero e de calquera nacionalidade. Sección centrada na procura de novas caligrafías fílmicas. Pezas dificilmente catalogables nun xénero que dilúen a idea tradicional do cinema mediante a exploración de sendas innovadoras, próximas á videoarte, o documental ou o cinema de vangarda.

Ler máis Ver menos
NUMAX

Duración: 76m 00s

A Demonstration

A Demonstration

Beny Wagner, Sasha Litvintseva

  • 2020
  • 25:00
  • Alemaña, Países Baixos, Reino Unido
  • EXP, DOC
  • COR

A Demonstration é unha película de monstros sen monstros. Inspirada na ciencia europea da Idade Moderna, o filme explora e reinterpreta unha forma de ver o mundo natural que resulta case imposible imaxinar desde o punto de vista actual. Os naturalistas da Idade Moderna guiábanse por unha lóxica na que as verdades científicas se descubrían mediante a analoxía visual.

Aggregate States of Matters

Aggregate States of Matters

Rosa Barba

  • 2019
  • 18:00
  • Perú, Alemania
  • DOC, EXP
  • COR

Rodada nos Andes, Estados agregados de materias trata do crecente impacto do cambio climático nas zonas remotas. En esencia, o filme pivota ao redor da negociación ambivalente entre a idea binaria de natureza e cultura, oscilando dentro do discurso contemporáneo sobre o medio ambiente e as súas complexas capas a partir de enfoques científicos, filosóficos, espirituais e culturais. A obra mostra os límites difusos entre os axentes humanos e non humanos nas comunidades afectadas polo desxeo dos glaciares nos Andes. A partir dun diálogo extensivo coa poboación local, Barba traza unha imaxe crítica dun mundo no que o progreso deixou de ter sentido.

Thorax

Thorax

Siegfried A. Fruhauf

  • 2019
  • 08:00
  • Austria
  • ANI, EXP
  • COR

Durante a produción de Thorax, tiven en mente a histórica obra Anémic Cinéma de Marcel Ducham, o clásico do cine experimental de 1926. O “cine anémico” refírese directamente á máquina, o aparello sen sangue que está detrás do espazo cinemático da ilusión. Thorax volve introducir o organismo na proxección.

Kopierwerk

Kopierwerk

Stefanie Weberhofer

  • 2020
  • 07:00
  • Austria
  • EXP, DOC
  • B&N

O cine é unha máquina. Kopierwerk é proba diso, déixase levar por ritmos industriais e, deste xeito, negocia a era analóxica, cuxa fin supuxo tamén novos comezos, desviacións creativas: como complemento da cultura dixital de masas, acontecendo ante os nosos ollos, é un movemento liberado en gran parte da presión por xerar beneficio, unha revolución dun nicho de variedades en medios analóxicos.

Tik Tak

Tik Tak

Michael Fleming

  • 2020
  • 11:00
  • Países Baixos
  • EXP
  • COR, B&N

"O home está literalmente dividido en dúas partes: ten conciencia da súa singularidade espléndida porque sobresae da natureza cunha maxestade altiva. No entanto, regresa á terra, uns cantos metros baixo a superficie, para podrecer no escuro silencio e desaparecer para sempre. Este é un problema terrorífico para sufrilo e vivir con el".

Further radical

Further radical

Stefano Canapa

  • 2020
  • 07:00
  • Francia
  • EXP
  • B&N

En A Radical Film, Canapa experimenta con finas chouchas de ravo negro sobre película virxe, unha referencia ás raíces do cine. Further Radical utiliza o mesmo material levado ao seu extremo lóxico nunha impresora óptica. Unha auténtica explosión de luz atravesa a escura emulsión fotoquímica.