#programación

Menú

Explora

Obras de calquera xénero e de calquera nacionalidade. Sección centrada na procura de novas caligrafías fílmicas. Pezas dificilmente catalogables nun xénero que dilúen a idea tradicional do cinema mediante a exploración de sendas innovadoras, próximas á videoarte, o documental ou o cinema de vangarda.

Ler máis Ver menos
NUMAX

Duración: 66m 10s

Look Then Below

Look Then Below

Ben Rivers

  • 2019
  • 22:00
  • Reino Unido
  • EXP
  • COR

O filme evoca os seres futuristas dunha arrepiante paisaxe cargada de fume e as profundidades da Terra. Look Then Below rodouse nas extensas e escuras pasaxes das covas de Wookey Hole, en Somerset. O inframundo de cavidades, escavadas ao longo do chamado tempo profundo, albergou vestixios de civilizacións perdidas e agora presaxia un mundo futuro subterráneo, ocupado por unha especie que evolucionou desde o noso mundo e os seus desafíos ambientais. Terceira parte dunha triloxía de películas especulativas con textos escritos por Mark von Schlegell.

Estrea en España

Da morte nace a vida

Da morte nace a vida

Adrián Canoura

  • 2019
  • 12:55
  • España
  • EXP
  • COR, B&N

A película forma parte do proxecto CINEGALICIA 2019, inspirado na película Urxa, de Carlos A. López Piñeiro e Alfredo García Pinal. Extraendo os elementos máis místicos do filme, nunha viaxe entre o impresionismo e o expresionismo, recomponse un camiño a través do ritual de onde nace vida desde a morte.

Mikä aika on?

Que hora é?

Niina Suominen

  • 2020
  • 07:15
  • Finlandia
  • ANI, EXP
  • COR, B&N

Que hora é? sitúa a experiencia do tempo no centro da contemplación. As figuras humanas actúan como puntos de referencia para a meditación sobre o paso e o final do tempo. A obra dános a oportunidade de reflexionar sobre a natureza transitoria do tempo e a relación do espectador coa época en conflito na que vivimos.

AQUAMARINE

AQUAMARINE

Billy Roisz, Dieter Kovacic

  • 2019
  • 05:00
  • Austria
  • EXP
  • COR

Aquamarine (aguamarina) non só denota a tonalidade azul clara que todos coñecemos, senón o mineral no que se basea esta cor, o berilio. Traducido literalmente: a cor do mar. A película Aquamarine toma unha constelación de cor (azul verdosa), elementos marítimos, líquidos e, por suposto, minerais como punto de partida para combinalos nun equilibrio ondulante e tremoroso baseado no tema homónimo de MOPCUT.

A Month of Single Frames

A Month of Single Frames

Lynne Sachs

  • 2019
  • 14:00
  • EEUU
  • EXP, DOC
  • COR

En 1998, Barbara Hammer fixo unha residencia artística sen auga nin electricidade. En 2018, comezou o seu propio proceso cara á morte. Deulle o material resultado da residencia a Lynne Sachs, quen explorou a experiencia de soidade de Barbara. Lynne pon texto sobre a pantalla a modo de confrontación co cine somático, reuníndonos a todos en múltiples espazos e tempos.

Houses (for Margaret)

Houses (for Margaret)

Luke Fowler

  • 2019
  • 05:00
  • Reino Unido
  • EXP
  • COR

Luke Fowler construíu este tributo á cineasta e poetisa escocesa Margaret Tait con motivo do seu centenario. Fowler viaxa ás Orcadas, as illas onde naceu Tait, para crear un rexistro da súa vida e obra a través de imaxes das súas antigas casas e localizacións das súas películas, fragmentos dos seus diarios de produción e o seu poema recitado “Houses”, no que reflexiona sobre o significado de fogar.