#programación

Menú

Amorante + Javier Díez Ena

Sala Capitol |

21:30 h apertura de portas ás 21:00 h

Amorante + Javier Díez Ena

7€

Amorante

Iban Urizar foi membro de Café Teatro, unha sorte de banda repleta de talentos como Xabier Erkizia ou Iñigo Ugarteburu, entre outros. Agora é a alma de Amorante.

Iban Urizar foi o responsable dunha das sorpresas máis gratas e emocionantes dos últimos tempos; unha colección de cinco cancións que supuxeron a sobresaliente posta de longo do seu proxecto AMORANTE. O etnomusicólogo guipuscoano, multiinstrumentista forxado en numerosos e diversos proxectos, dá un paso á fronte e alíñase con esa refrescante fronte de artistas dispostos a se desposuír de prexuízos e sacar do armario a tradición musical, desde Niño de Elche ata Los Hermanos Cubero, pasando por Lorena Álvarez ou Pablo und Destruktion. A súa proposta destila unha cantidade de xéneros que descoloca o oínte pero sitúao en territorios coñecidos. Desde Euskal Herria pero coa vista posta no horizonte, Amorante tinta as súas composicións con aires orientais, flamencos; todas as músicas caben nun discurso suxestivo e cheo de matices.

https://amorante.bandcamp.com/ 

Javier Díez Ena

Mestre do theremín, publicou até agora dous volumes de Theremonial, a súa serie de discos compostos e interpretados integramente co instrumento que non se toca.

Os dous volumes de Theremonial editados conxuntamente polos selos Ale Hop! e Beat Generation son discos só de theremín pero non discos de theremín só, non son discos solistas senón auténticos calidoscopios de sons que destacan pola singularidade de ter como única fonte sonora este instrumento. O theremín adopta todos os roles musicais: percusión, baixo, harmonía, melodía, ambientes etc. Todo temas orixinais con influencias que van da exótica á música industrial pasando pola electrónica primixenia de mestres como Jean Jacques Perrey, Raymond Scott ou Tom Dissevelt.