Palmarés Curtocircuíto 2020
Novas
Os distintos xurados desta edición de Curtocircuíto - Festival Internacional de Cine tras as deliberacións oportunas decidiron outorgar os seguintes premios:
● Premio Radar: Sun Dog, de Dorian Jespers.
Porque en tempos de escuridade, este filme amósanos unha luz apocalíptica que, entre o soño e o pesadelo, ofrécenos a esperanza do fin do inverno. Pola súa potencia devastadora.
● Mención especial Radar: Dustin, de Naïla Guiguet.
Por bailar e bailar. Seguir toda a noite c@s amig@s. Rir. Chorar. Bicar. Amar. Buscar o recoñecemento e atopar a tenrura. Pola a súa autenticidade conmovedora.
● Premio Explora: Look Then Below, de Ben Rivers.
Pola forma sutil e complexa na que o filme oscila entre a pura pegada e a icona pura na construción dunha paisaxe velada.
● Premio Galiza: Vestiges (an archipielago), de Enar de Dios.
Por ser unha película reveladora, que nos fala sobre as consecuencias da desintegración e a transformación do territorio a mans do ser humano. Porque a autora logra un persuasivo equilibrio entre a palabra e as imaxes logrando axitar e interpelar ao espectador de maneira contundente.
● Mención especial Galiza: Blanco y Fucsia, de Marta Valverde.
Por realizar un exercicio fresco e atrevido de auto retrato cunha fráxil e valente proposta formal que consegue captar as contradicións entre os soños e a realidade.
● Premio Penínsulas, patrocinado por RC Service: La sangre es blanca, de Óscar Vicentelli.
Polo risco formal, sorprendente e inédito, á hora de abordar un motivo con certa traxectoria audiovisual, a tauromaquia, desde unha perspectiva innovadora e que convida á reflexión, creando certa distancia grazas á súa proposta visual.
● Mención especial Penínsulas: Los Páramos, de Jaime Puertas.
Polo mérito de achegar a cámara a unha realidade de retrato complexo, non maniqueo, cun compoñente mítico e, por veces, onírico.
● Premio do Público, patrocinado por GADIS: Dustin, de Naïla Guiguet.
● Premio Xurado Novo: Pyrale, de Roxanne Gaucherand.
Por retratar de maneira sensible dúas naturezas aparentemente opostas como son a documental e a ficción, e un desastre ecolóxico co descubrimento dun primeiro amor nunha fusión de violencia e beleza.
● Mención especial Xurado Novo: Sun Dog, de Dorian Jespers.
Polo emprego dun dispositivo vangardista que soubo captar ao espectador en tres planos e ao espiritu xeracional.
● Premio CREA á Mellor dirección galega: Vestiges (an archipielago), de Enar de Dios.
Por manter a coherencia entre a forma e o discurso, acadar unha narrativa emocional co emprego de recursos contemporáneos e amosar unha problemática universal desde unha ollada persoal
● Premio AGAG ao Mellor guion galego: Todo el mundo se parece de lejos, de Rafa de los Arcos.
Pola capacidade de contar sentimentos complexos de maneira sútil e ofrecer un retrato realista e sen artificios dunha ruptura amorosa.
● Mención especial AGAG:Onde dormen as gaivotas, de Dani Cornes.
Por reflectir a través da ciencia fición unha inquedanza universal e contemporanea.
● Premio Outra Compostela, patrocinado por Turismo de Santiago e Santiago de Compostela Film Commission: De sangue e cristais,de Lucía Ramiro, Bruno Arias, Miguel González, Beatriz Fernández e Miguel García.
Pola boa concepción do lisérxico contra o stablishment; da liberdade contra a autoridade e por saber plasmar a imaxe como rexistro doutra posible realidade.
Curtocircuíto - Festival Internacional de Cine de Santiago de Compostela está organizado polo Concello de Santiago de Compostela e financiado, entre outros, pola Deputación da Coruña e AGADIC.