#updates

Presentamos o cartel 2020

Novas

A nosa imaxe gráfica desta edición foi desenvolta polo deseñador Juan Junquera en colaboración coa dirección artística do festival. Está inspirada no código de gradientes de cor propia das cámaras térmicas. Esta tecnoloxía xera unha representación da contorna que nos permite identificar aspectos ocultos á nosa percepción ordinaria. E nesa representación reveladora hai unha poética, como na mirada de cada cineasta, que é capaz de amosarnos a realidade desde a súa subxectividade.