#updates

Presentamos os títulos da nosa sección Penínsulas

Novas

Desde Curtocircuíto seguimos apostando un ano máis cinema con vocación artística. Nesta edición do festival, que celebraremos entre o 3 e o 11 de outubro, contaremos na sección Penínsulas con 12 títulos que poñen especial atención no cine de autor máis arriscado do panorama estatal, con traballos que buscan explorar lonxe dos tópicos clásicos da España actual. 

Este ano, de forma excepcional e durante a celebración do festival, teredes a posibilidade de gozas dos filmes das seccións competitivas Radar, Explora e Penínsulas tamén en formato online no Canal Curtocircuito que temos aloxado na plataforma Filmin. Tamén levaremos a cabo proxeccións e eventos presenciais nas nosas sedes habituais en Santiago de Compostela, onde contaremos coa presencia de varias cineastas.

Penínsulas: o cinema de autor máis atrevido

En Penínsulas recollemos as pezas españolas de ficción e non-ficción máis destacadas da tempada que, como é habitual en cada edición, intentamos que abarquen variedade de enfoques e xéneros. A selección de títulos propón unha serie de obras cun lugar común: a vontade dos autores e autoras por repensar aspectos da nosa sociedade tales como a inmigración, o folclore, o rural y a España baleira, a identidade de xénero, o come-of-age, a (pos)natureza ou as relacións interpersonais nas redes sociais. 

Películas como Reserve, de Gerard Ortin; Gorria, de Maddi Barber; O arrais do mar, de Elisa Celda; La sangre es blanca, de Oscar Vincentelli; Los Páramos, de Jaime Puertas; Lonely rivers, do ganador do Goya (Mellor Fotografía por O que arde) Mauro Herce; e Profecía, de Julieta Juncadella; amosarán características comúns cercanas á etnografía experimental e ao realismo máxico. O ensaio fílmico tamén terá protagonismo con Correspondencias dirixida pola ganadora do Goya Carla Simón e a cineasta chilena Dominga Sotomayor; e a coprodución española-estadounidense Autoficción, dirixida por Laida Lertxundi. Ráfagas de vida Salvaje de Jorge Cantos e Panteres de Èrika Sánchez, dúas ficcións que transitan maxicamente cerca do cinema do real, completan a selección xunto ao retrato xeracional dirixido por Rafa Alberola, Arenal, film sobre a amizade que usa as redes sociais como principal dispositivo e fío narrativo. 

Lúa Vermella: estrea galega en Curtocircuíto o venres 9 de outubro

Xa temos data para a estrea galega de Lúa Vermella: será o próximo venres 9 de outubro nunha proxección especial no Teatro Principal de Compostela. No acto reuniremos por primera vez en sala e con público ao cineasta e os protagonistas do seu filme: Rubio de Camelle, Ana Marra, Carmen Martínez e Pilar Rodlos. Tamén contaremos coa presencia do produtor do film, Felipe Lage Coro (Zeitun Films) e con parte do equipo técnico.

Tras pasar por festivais internacionais como Berlín e ganar o premio a Mellor Película Española na sección ZonaZine do Festival de Málaga, a longametraxe producida por Zeitun Films e Amanita Studio terá a súa estrea galega en Curtocircuíto. Lúa Vermella estrearase en cines o próximo 30 de outubro da man da distribuidora Elamedia Estudios.

Curtocircuíto - Festival Internacional de Cine de Santiago de Compostela, que está organizado polo Concello de Santiago e financiado, entre outros, pola Deputación da Coruña e AGADIC.