Tanto Radar como Explora recollen 38 filmes de ficción e non ficción heteroxéneos, frescos arriscados e que nalgúns casos reflexionan sobre grandes conceptos como o feminismo ou o colonialismo.
Radar é o lugar onde se dá cita o cinema de autor. A heteroxeneidade é o rasgo máis destacable dunha sección onde este ano atopamos filmes que nacen desde o propio espazo dixital como Operation Jane Walk, onde asistimos a un tour arquitectónico da cidade de NY desde un videoxogo, ou desde o arquivo familiar, como 27 thoughts about my father, onde o cineasta Mike Hoolboom (convidado especial en 2012) realiza unha fermosa homenaxe ao seu pai. A adolescencia continua a estar presente na selección deste ano, onde filmes como RISE, Fuck You ou Alba destacan por desafiar os prexuízos sobre este sector da sociedade, amosando novas formas de pensar o hoxe lonxe dos vellos prexuízos de xénero. Unha sección na que predomina unha ficción que aposta por novos camiños de narrar. É o caso de My Generation, onde o gañador do Oscar Ludovic Houplain emprega un travelling continuo para realizar unha crítica a alienada sociedade actual; ou en Como Fernando Pessoa salvou Portugal, onde o director Eugène Green, a propósito do literato portugués, explica a imposibilidade de unir poesía e publicidade.
27 thoughts about my father | Mike Hoolboom | Canadá | 2019
6 GAIN | Jorn Plucieniczak | Belgique | 2019
ALBA | Lucia Martinez, Hugo Radi | Suiza | 2019
All these creatures | Charles Williams | Australia | 2018
Como Fernando Pessoa Salvou Portugal | Eugène Green | Portugal, Francia, Bélgica | 2018
Fuck You | Anette Sidor | Suecia | 2018
I Got My Things And Left | Philbert Aimé Mbabazi Sharangabo | Suiza, Ruanda | 2018
Les Proies | Marine de Contes | Francia | 2018
Levittown | Nelson Bourrec Carter | Francia, EUA | 2018
Marée | Manon Coubia | Bélgica, Francia | 2019
Mot Khu Dat Tot (Blessed land) | Pham Ngoc Lan | Vietnam | 2019
My Generation | Ludovic Houplain | Francia | 2018
Naphta | Moin Hussain | Reino Unido | 2019
On the Art of Set Design | Jan Ijäs | Finlandia | 2019
Operation Jane Walk | Leonhard Müllner, Robin Klengel | Austria | 2018
Psychic | Tova Mozard | Suecia | 2019
RISE | Bárbara Wagner, Benjamin de Burca | Brasil, Canadá, EUA | 2018
The Boogeywoman | Erica Scoggins | EUA | 2018
The Sasha | Maria Molina | Países Bajos | 2019
A procura de camiños diferentes segue a ser o valor predominante para Explora, onde se dan cita cineastas xa coñecidos para o festival como Jorge Jácome (premio CAMIRA 2017) ou Manuel Knapp. Este ano, a sección reúne a unha serie de filmes que apostan pola creación de novas realidades visuais que exceden ao propio cinema, así como reflexionan sobre grandes conceptos como o feminismo ou o colonialismo. Desde unha perspectiva absolutamente transgresora, Never Never Land de Michael Fleming analiza a beleza e os cánones creados pola sociedade. A cabalo entre o musical e a experimentación, Algo-Rhythm de Manu Luksch céntrase no omnipresente algoritmo e na nosa identidade na rede. Podemos destacar a análise metacinematográfica como outra das constantes da sección, con filmes como This action Lies, de James N. Kienitz Williams, ou Vever (for Barbara), de Deborah Stratman. Tamén sobre o propio cinema, aínda que desde unha posición non exenta de ironía, Now, at last! de Ben Rivers emprega a un oso preguiceiro para cuestionar o estatismo dun cinema, ás veces, excesivamente centrado na paisaxe.
Algo-Rhythm | Manu Luksch | Reino Unido, Senegal | 2018