#updates

Poñemos á venda a prezo reducido os primeiros abonos para Curtocircuíto 2019

Novas

Os abonos poderán adquirirse por 14 € ata o próximo 12 de setembro e darán acceso a todas as proxeccións do festival.

Xa poden adquirirse a través de www.compostelacultura.gal os abonos de proxeccións para a 16ª edición de Curtocircuíto, que celebraremos entre o 28 de setembro e o 6 de outubro! Todas as persoas que fagades a vosa compra antes do 12 de setembro poderedes obter o voso abono a un prezo reducido de 14 €. A partir dese día, pasarán a ter un custo de 18 €.

Estes abonos darán acceso a todas as proxeccións do festival e poderán retirarse dende o 23 de setembro no despacho de billetes do Teatro Principal de Santiago de Compostela.

IMPORTANTE As entradas para concertos, performances e live A/V poranse á venda proximamente de xeito individual. Non haberá abono para estas actividades.

Podedes consultar máis información sobre as entradas para o festival aquí.