#updates

Presentámosvos o cartaz desta edición

Editorial

Presentámosvos o cartel e a imaxe gráfica desta décimo sexta edición, que se celebrará do 28 de setembro ao 6 de outubro en Santiago de Compostela

Dende Curtocirtuíto presentámosvos o noso cartel que, un ano máis, afonda na evocación das paisaxes remotas e a atracción polo descoñecido. Un cartel representativo do espírito do festival, que convida o espectador a explorar eses lugares ambiguos e escuros nos que descubrir a luz que emerxe de entre as fendas.

Un deseño do equipo do festival en colaboración co deseñador galego Juan Junquera.