#updates

Homenaxe ao cineasta Claudio Guerín Hill

Novas

Despois do éxito viral que tivo a proxección dos dous episodios de 'Coñeza vostede España: Compostela' e 'Coñeza vostede España: Camiño de Santiago', na Carta Blanca que o Cineclube de Compostela e Curtocircuíto - International Film Festival lle adicaron a Ezequiel Méndez Vidal, dende Curtocircuíto, de novo en colaboración co Cineclube e co propio Ezequiel Méndez, adicamos unha homenaxe para o desagravio do cineasta Claudio Guerín Hill, autor daquelas pezas.

Cineclube de Compostela e Curtocircuíto - International Film Festivalpresentan...

Despois do éxito viral que tivo a proxección dos dous episodios de 'Coñeza vostede España: Compostela' e 'Coñeza vostede España: Camiño de Santiago', na sesión que Ezequiel Méndez lle adicou na súa carta branca ao desagravio do cineasta Claudio Guerín Hill, organizada por #Curtocircuíto e o #CineclubedeCompostela para a edición de 2018 do Festival santiagués, esta semana de decembro o director sevillano terá unha merecida homenaxe na nosa cidade.

Cunha escolma que recolle desde a súa última e inacabada longametraxe, 'A campá do inferno', pasando por unha das súas adaptacións teatrais para RTVE, neste caso Ricardo III e repetindo a anteriormente mencionada sesión dos dous documentarios para televisión (ao que se lle engade nesta ocasión unha terceira curta do autor, Galicia ), Guerín Hill será homenaxeado cunha retrospectiva os días mércores 12 e xoves 13 de decembro no loca GBl da Xentalha do Pichel ás 21.30 e o sábado 15 ás 19.30 no Teatro Principal, sendo as dúas últimas presentadas de novo por Ezequiel Méndez.

HORARIOS:

‣ Mércores 12 - Gentalha Do Pichel 

'A campá do inferno' (La campana del infierno, Claudio Guerín 'Hill', Estado Español-Francia, 1973, 91', VO)

‣ Xoves 13 - Gentalha Do Pichel 

[Presentada por Ezequiel Méndez]
'Ricardo III' (Ricardo III, Claudio Guerín Hill, Estado Español, 1967, 107', VO)

‣ Sábado 15 - Teatro Principal de Santiago de Compostela 

[Presentada por Ezequiel Méndez - Repetición completa das pezas viralizadas en Curtocircuíto]

'Coñeza vostede España: Compostela' (Conozca usted España: Compostela, Claudio Guerín Hill, Estado Español, 1967, 30′, VO)
'Coñeza vostede España: Hacia Santiago' (Conozca usted España: Hacia Santiago, José Luis Font, Estado Español, 1970, 32′, VO)
'Galicia' (Galicia, Claudio Guerín Hill, Estado Español, 1967, 30′, VO)

A entrada será de balde en todas as sedes.