#updates

Filmin presenta a canle Curtocircuíto

Novas

A principal plataforma de cine online española pon unha selección de filmes de Curtocircuíto 2018 a disposición dos seus usuarios e usuarias. Entre os 17 títulos, que poderán verse ata o 10 de novembro, están as premiadas 592 metroz goiti (Premio do Público), Uluru (Premio Galiza) e Mi amado, las montañas (Premio Penínsulas).

Se non puideches vir a Curtocircuíto, non te preocupes, porque Curtocircuíto vai ata o teu sofá. Iniciamos unha colaboración con Filmin para poder poñer á vosa disposición algunhas das nosas favoritas entre as películas que pasaron polo festival este ano. Son dezasete e podes velas na nosa canle na plataforma.

Les amoureux (Pablo Dury)

Cops are Actors (Tova Mozard)

592 metroz goiti (Maddi Barber, Premio do Público)

Perrolobo (Lycisca) (Gerard Ortín)

Life after Love (Zachary Epcar)

Nutsigassat (Tinne Zenner)

The Film Machine (Sonia e Miriam Albert-Sobrino)

Uluru (Alberte Pagán, Premio Galiza)

Mi amado, las montañas (Alberto Martín Menacho, Premio Penínsulas)

In Between Takes (Alexei Dmitriev)

The Garden of Delight (Michael Fleming)

Los inocentes (Guillermo Benet)

Almost Nothing, So Continues the Night (Davor Sanvincenti)

Saladdin Castique (Anssi Kasitonni)

Vando vulgo Vedita (Leonardo Mouramateus e Andreia Pires)

Momentum 142308 (Manuel Knapp)

Trajectory Drift (Iván Castiñeiras)

Taking Away (Eginhartz Kanter)