#updates

Cancélase a clase maxistral con Ulrich Seidl

Novas

Dende Curtocircuíto - Festival Internacional de Cine queremos comunicarvos a cancelación da clase maxistral con Ulrich Seidl prevista para este sábado 6 de outubro por causas alleas á organización.

Dende Curtocircuíto - Festival Internacional de Cine queremos comunicarvos a cancelación da clase maxistral con Ulrich Seidl prevista para este sábado 6 de outubro por causas alleas á organización.

Aínda que o cineasta non poderá visitar a cidade por problemas de saúde, as proxeccións ligadas á súa retrospectiva transcorrerán con total normalidade.

Achegámosvos aquí unhas palabras do director e o seu equipo: “Mr. Seidl quere agradecerlle á organización do festival o seu esforzo e traballo. Tamén lamenta esta situación polo público interesado en Curtocircuíto. Mr. Seidl envíalle a todo o equipo do festival os seus mellores desexos para unha exitosa edición neste 2018”

Agardámosvos nas salas!

Para todos aqueles que comprarades a entrada por anticipado, poñédevos en contacto connosco escribindo a info@curtocircuito.org para que poidamos darvos as indicacións pertinentes.