#updates

Montañas ermas e xunglas misteriosas protagonizan a imaxe de Curtocircuíto 2018

Novas

A imaxe que propoñemos dende Curtocircuíto para esta edición continúa representando o espírito explorador do festival, sempre á procura de territorios por descubrir

A imaxe que propoñemos dende Curtocircuíto para esta edición continúa representando o espírito explorador do festival, sempre á procura de territorios por descubrir: desertos rochosos, paisaxes lunares ou, como sucede nesta ocasión, montañas ermas e xunglas misteriosas. No afán que temos por indagar nos novos xeitos de crear e de facer cinema, a selva convértese no eixo vertebrador dun universo visual que comparte protagonismo con outro elemento: unha bolboreta como mostra da beleza e da luz que xurden da escuridade para, a través das súas cores, celebrar estes 15 anos da traxectoria de Curtocircuíto.