#updates

Manifesto da Incoherencia Internacional, por Bertrand Mandico e Katrin Olafsdottir

Editorial

"Ser incoherente significa ter fe no cinema, significa ter un enfoque romántico, sen formato, libre, perturbado e de ensoño, cinexénico, unha narración épica. A incoherencia é unha ausencia de cinismo pero non ironía. É abrazar o xénero sen penetralo."

Elina Löwensohn e Nathalie Richard en 'Notre-Dame des Hormones'

"A Incoherencia Internacional é un concepto que establecimos eu e Katrin Olafsdottir. Listamos todo o que forma os nosos sesgos na posta de escena que van contra o establecido. Sesgos que poden parecer incoherentes na industria dominante do cinema de autor. Ser incoherente significa ter fe no cinema, significa ter un enfoque romántico, sen formato, libre, perturbado e de ensoño, cinexénico, unha narración épica. A incoherencia é unha ausencia de cinismo pero non ironía. É abrazar o xénero sen penetralo. As incoherencias son todo un grupo de cineastas novos e de talento como Marie Losier, Yann Gonzales, Caroline Poggi e Jonathan Vinel. É unha oleada extravagante, non un dogma."

[Bertrand Mandico entrevistado por Martin Kudlac para Screen Anarchy]

 

INTERNACIONAL / INCOHERENCIA

manifesto

1. Rexeitamento de calquera norma de guion. / Incoherencia de guión

2. O son será creado en posprodución. / Incoherencia de fabricación

3. A rodaxe deberá facerse con película caducada. / Incoherencia de sofisticación

4. Os efectos especiais deben facerse en cámara (sobreimpresións, proxeccións, etc.). Proscribir a posprodución. / Incoherencia de efectos

5. Uso de efectos ópticos en cámara (filtros, etc.) / Incoherencia de estilo

6. A película debe suceder nunha xeografía incerta, atemporal, prohibir calquera efecto realista. / Incoherencia de tempo e espazo

7. O material para os escenarios (decorados, traxes e atrezzo) debe ser material atopado. / Incoherencia de gusto

8. As películas deben ser híbridas, contendo polo menos dous xéneros. / Incoherencia de estilo

9. A película empregada pode ser de 16mm, 35mm ou Super8mm. / Incoherencia económica

10. O director debe ser autor, cámara e director de arte do filme. / Incoherencia creativa

11. Os actores alternarán entre non actuar e sobreactuar. / Incoherencia interpretativa

12. A película non debe pertener a ningunha tendencia estética ou narrativa. Debe ser profundamente cinematográfica e polo tanto fráxil. / Incoherencia cinematográfica

Manifesto da Incoherencia Internacional

Reykjavik / Barcelona / Paris / Berlin / 12 de outubro de 2012