#updates

Poñemos á venda a prezo reducido os primeiros abonos integrais para Curtocircuíto 2018

Novas

Os abonos poderán adquirirse por 20 € ata o próximo 31 de agosto e darán acceso a todas as proxeccións e concertos do festival.

 

Dende hoxe e ata o venres 31 de agosto xa poden adquirirse a través de Entradas Abanca os abonos integrais para a 15ª edición de Curtocircuíto.

Estes abonos, dispoñibles a un prezo reducido de 20 €, darán acceso a todas as proxeccións e concertos do festival, que celebrará dende o 29 de setembro ata o 7 de outubro. Quen faga agora a súa compra poderá retirar os abonos dende o 24 de setembro no despacho de billetes do Teatro Principal de Santiago de Compostela.

A partir do 1 de setembro tamén será posible adquirir abonos integrais a un prezo de 30 € e abonos de proxeccións e concertos por separado, a un prezo de 18€ cada un, polo que esta oferta inicial é perfecta para as espectadoras e espectadores que queiran gozar ao completo de Curtocircuíto.

Na próxima semana faremos públicos os primeiros nomes do programa desta edición, na que continuaremos afondando no noso habitual espírito de exploración e interdisciplinariedade.