Comedia e cine galego na segunda Noite Curta
NovasO xoves 31 de agosto presentamos na praza da Quintana a nosa segunda Noite Curta, nunha sesión gratuita ao aire libre que dará comezo ás 22.00 horas.
O xoves 31 de agosto presentamos na praza da Quintana a segunda Noite Curta, que servirá para despedir o mes de agosto. Os títulos que compoñen a escolma realizada polos programadores de Curtocircuíto - Festival Internacional de Cine, contarán con representación galega, da man do cineasta coruñés Alberto Vázquez o do lucense Adrián Canoura, nunha sesión gratuíta ao aire libre que dará comezo ás 22.00 horas.
A continuación podedes ver o programa completo:
Nistra – Mastharam de Adrián Canoura (Galiza, 2017). Videoclip. Duración 00:04:55
Over de Jörn Threlfall (Reino Unido, 2015) Ficción. Duración 00:13:49
A brief story of Princess X de Gabriel Abrantes (Portugal, 2016). Ficción. Duración 00:07:08
Decorado de Alberto Vázquez (Galiza, 2016). Animación. Duración 00:11:12
La disco resplandece de Chema García Ibarra (Turquía, 2016). Ficción. Duración 00:12:51
Metube2 de Daniel Moshel (Austria, 2016). Ficción. Duración 00:05:41
Guerrera – Verdad Invertida de Adrián Canoura (Galiza, 2017). Videoclip. Duración 00:09:05