#updates

Ertz, festival convidado en Curtocircuíto 2017

Novas

Desde os seus inicios no ano 2000 Ertz ten contado coa presenza de destacados nomes da escena internacional de música experimental e arte sonora. Propón unha plataforma creativa, produtiva e en constante mutación para a realización de proxectos de arte contemporánea.

Niño de Elche e Maialen Lujanbio en Ertz#17

Desde os seus inicios no ano 2000 Ertz ten contado coa presenza de destacados nomes da escena internacional de música experimental e arte sonora. Propón unha plataforma creativa, produtiva e en constante mutación para a realización de proxectos de arte contemporánea, en especial no ámbito sonoro, desde Bera (Navarra). Cunha perspectiva que potencia a experimentación co local, o proceso, o espazo, a recepción e o formato, Ertz aposta pola creación, produción, promoción e difusión das diferentes variantes artísticas dentro do campo de arte sonora e as disciplinas musicais de carácter experimental.

Esta colaboración avala a presenza de Nader Koochaki, Francisco López e Álex Mendizábal, con actividades que están incluídas en Arredor do Son. Tamén, dentro dos encontros, colabora na exposición Diafonías que se poderá visitar no Edificio Obra Social Abanca durante o festival.

Ertz segue a estela de LEV, WOS e Live Soundtracks, festivais convidados en edicións anteriores.  

Máis información sobre o proxecto dispoñible na súa web.