#updates

Os estudantes da USC poderán acadar ata dous créditos ECTS por colaborar e participar nas nosas actividades

Novas

Os alumnos de Grao da Universidade de Santiago de Compostela que asistan ás nosas proxeccións e actividades poderán acadar ata dous créditos ECTS, colaborando nas actividades de voluntariado e tamén asistindo ás proxeccións.

Por unha banda, as actividades de voluntariado contan con recoñecemento académico de créditos ECTS, ademais dun certificado oficial da USC. Os estudantes interesados deberedes rexistrarvos no Servizo de Integración e Participación e poderán obter créditos a cambio da súa participación. O prazo de de inscrición estará aberto ata o 25 de setembro.

Por outra, os alumnos de Grao da USC que desexedes asistir ás proxeccións e actividades poderedes validar o tempo que pasedes connosco por créditos. Todas as persoas interesadas deberán enviar un correo a actividades@curtocircuito.org con nome e apelidos, e-mail, teléfono e xustificante da matrícula. Cando recibades a confirmación, poderedes pasar recoller vosa cartilla de estudante na recepción de convidados de Obra Social Abanca na Praza Cervantes. A cartilla será selada ao finalizaren as actividades e proxeccións.

Esperámosvos!