#programación

Menú

Titánides da imaxe: un encontro con tres artistas visuais

Mércores 7 de outubro | 12:00 h | Facebook e Youtube

ACCEDE AQUÍ Á ACTIVIDADE


Este encontro aproxímase á obra de tres artistas visuais españolas cuxos proxectos son diversos, pero que teñen en común o traballo coa imaxe a partir da súa resignificación e o emprego de novos códigos audiovisuais. Con esta proposta, Curtocircuíto quere seguir a cuestionar as convencións da linguaxe cinematográfica e incentivar a asimilación de narrativas provenientes doutras disciplinas visuais.

Para isto contaremos coa participación das seguintes artistas:

Laura Tabarés 

Laura Tabarés (León, 1991; residente en Galicia) é investigadora cultura, artista visual e memeira. Actualmente é conai de Ontologías Feministas e admin de @lapicarajustina. Atravesa a súa práctica falando de violencias, humor, afectos e esgotamentos materializados en conferencias audiovisuais, comisariados, obradoiros e demais artefactos random.


Beatriz Sánchez aka Loopitas

É axitadora multimedia, debuxante, performeira, trol e creadora audiovisual especializada nas producións caseiras e o low-tech. Na actualidade reside en Bilbao, onde combina a produción do seu traballo artístico coa realización de videoclips. Tamén se dedica á pedagoxía creativa, impartindo regularmente obradoiros de videocreación en diferentes centros.


Mayte Gómez

Mayte Gómez Molina (Madrid por accidente, 1993) é unha creadora dixital e escritora andaluza que investiga sobre as políticas de representación dos corpos, a materialidade dixital e a virtualidade. Ingrata Bergman (Internet, 2018) é quen Mayte sería se non tivese medo dalgunhas cousas.


Déborah García Sánchez - Moderadora

Déborah García Sánchez-Marín é historiadora, apaixonada do mundo audiovisual e nómade. Autora de España es esto y todo lo contrario (Temas de Hoy) y siendo ya nómada, desde esa periferia, de padrón e de espírito, busca completar os ocos da historia oficial e escribir sobre as voces que non atoparon o seu espazo a través dos séculos. É tamén cofundadora de Visual404, un espazo dixital de contracrítica que libera as formas tradicionais do audiovisual, e colaborou con medios como El País e El Salto.